SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NA AREA DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2024

Prazo pechado!! Buscas fomentar a actividade dos servizos sociais prestados con actuacións solidarias e participación da sociedade civil? Entonces isto interésache!
Obxectivo

Regular e fomentar, en réxime de concorrencia competitiva o desenvolvemento de actuacións solidarias polas entidades de iniciativa social (asociacións e entidades de carácter social sen ánimo de lucro), no ámbito dos servizos sociais na cidade de Vigo.

Beneficiarios 

Asociacións e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da cidade de Vigo no sector específico dos servizos sociais.

Podes consultar os requisitos desta subvención na seguinte ligazón.

Accións subvencionables

 Serán subvencionables aqueles proxectos, programas e actividades de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da cidade de Vigo no sector específico dos servizos sociais e que teñan como destinatarios a un ou varios dos seguintes colectivos:

  1. Familia e Infancia:
  • Proxectos ou actividades que fomenten as habilidades familiares a través de actividades de formación na igualdade e corresponsabilidade dos seus membros, cara á mellora da calidade da actuación parental e a vida familiar.
  • Proxectos ou actividades que favorezan a participación das familias cara á súa integración social.
  • Programas de apoio psicosocial para situacións de dependencia (autocoidado emocional, autoestima, regulación emocional, habilidades de comunicación e resolución de conflictos, etc.) cara á mellora da calidade da vida familiar.
  1. Persoas maiores e persoas con discapacidade:
  • Programas de información e/ou formación dirixidos a estes colectivos, familiares e coidadores.
  • Programas ou actividades dirixidas a persoas maiores e/ou con discapacidade que fomenten a súa psicomotricidade.
  • Programas de acompañamento ás persoas maiores que vivan soas.
  • Obradoiros alternativos non coincidentes cos desenvolvidos pola Área de Benestar Social.
  1. Persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas:
  • Proxectos socioeducativos e de promoción social dirixidos a estes colectivos socialmente vulnerables.
  1. Persoas marxinadas sen fogar:
  • Proxectos de prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, dirixidos a persoas e colectivos en risco de exclusión social ou desprotección.
  1. Persoas con adiccións, con ou sen substancia (alcohol e outras drogas, adicción ó xogo, ás apostas en internet, etc.):
  • Proxectos de carácter preventivo, socioeducativo, de promoción da autoestima e educación en valores.
Gastos subvencionables

Serán gastos subvencionables os custos directos e indirectos do programa, proxecto ou actividade subvencionada. 

Para os efectos da concesión da axuda teranse en conta:

  1. Materiais consumibles: considéranse os gastos consumibles en prazos inferiores a un ano, tales como material de escritorio, material informático, material de formación, reprografías e imprenta.
  1. Persoal: os gastos de persoal subvencionables poderán incluír salarios e seguros sociais do persoal afecto ó proxecto a cargo da entidade. Para o caso de que se imputen gastos de coordinación, esta actividade deberá ser realizada por persoa física distinta da responsable do proxecto. Cando a persoa que realiza a coordinación sexa persoal contratado con anterioridade pola entidade solicitante, non se poderá imputar máis do 20% da remuneración líquida mensual do período que abrangue a realización do proxecto.
  1. Servizos técnicos e profesionais requiridos para a realización de análise de necesidades, diagnósticos, capacitacións, seminarios, informes…, previstos para a realización do proxecto.

Considéranse “custos indirectos” os gastos propios do funcionamento regular da entidade solicitante que resultan da formulación e execución do proxecto. Non poderán superar o 5% do orzamento total do proxecto.

En ningún caso terán a condición de gastos subvencionables:

  • Os bens e equipamentos inventariables.
  • Os xuros debedores das contas bancarias.
  • Os xuros, recargas e sancións administrativas e penais.
  • Os gastos de procedementos xudiciais.
  • As amortizacións de bens inventariables.
  • Os gastos en atencións protocolarias (xantares, festas, recepcións, regalos, frores, entradas a espectáculos, etc.).

Incompatibilidades e concorrencia

  Estas subvencións serán compatibles con outras subvencións ou axudas procedentes doutras Administracións ou entes públicos nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Criterios de valoración

Os proxectos que cumpran os requisitos anteriormente citados  serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios:

A.— Criterios relacionados coa entidade: ata 10 puntos, desagregados da seguinte forma:

  1. Segundo a experiencia no sector determinada pola maior implantación na cidade, ata un máximo de 4 puntos.
  2. Valorarase cun máximo de 6 puntos a achega financeira da entidade ó proxecto.

B.— Criterios relacionados co contido do proxecto: ata 40 puntos

  1. Coherencia dos obxectivos coa problemática presentada, máximo: 15 puntos
  1. Accións que se van desenvolver, prazo de execución e coherencia na programación temporal, máximo: 5 puntos
  1. Coherencia das aplicacións orzamentarias cos obxectivos de proxecto: máximo 5 puntos.
  1. Proxectos singulares de especial interese social

Serán excluídas as solicitudes que non acaden un mínimo de 4 puntos nos contidos do apartado A e un mínimo de 15 puntos na suma de todos os criterios.

Contía

En calquera caso, o importe total da subvención ou subvencións non poderá superar o custo total do programa, proxecto ou actividade subvencionada. 

Poderá subvencionarse o 100% do orzamento presentado.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 5 de xuño de 2024 e rematará o 4 de xullo de 2024.

Máis información

Acceso ó trámite de procedemento

         Código de procedemento: BDNS: 764892

Consulta as Bases Reguladoras das subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área dos servizos sociais no ano 2024

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *