Esta orde ten como o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego (código de procedemento TR332A) con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:
- Os concellos, as mancomunidades de concellos ou as entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2024 superior a 400 persoas no ámbito territorial do proxecto.
- As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que inclúan nos seus estatutos como un dos seus fins ou obxecto social o acompañamento a persoas desempregadas ou a inserción no mercado laboral.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que desenvolvan con carácter obrigatorio as seguintes accións:
- Información, orientación e asesoramento.
- Formación:
- Accións formativas constituídas por calquera das especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal, non vinculadas a certificados profesionais. O total de horas desta formación que se lles deberá ofrecer ás persoas demandantes que formen parte do programa deberá ser, como mínimo, de 200 horas.
- Outra formación non vinculada a certificados de profesionalidade non incluída no punto anterior.
- Formación transversal obrigatoria.
Tipos e características dos programas integrados de Galicia
A) Programas integrados destinados exclusivamente a mulleres de calquera dos colectivos especificados na seguinte alínea.
B) Programas integrados destinados a persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos prioritarios:
a) Persoas con discapacidade.
b) Persoas en risco de exclusión social e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.
c) Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero.
d) Persoas migrantes cunha autorización de residencia temporal por arraigamento socioformativo.
e) Persoas maiores de 52 anos.
f) Persoas menores de 30 anos.
g) Persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia non incluídas na letra b).
h) Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
i) Persoas desempregadas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego de carácter extintivo, presentado nos doce meses anteriores á publicación desta orde.
j) Mulleres.
k) Persoas desempregadas de longa duración.
l) Persoas inmigrantes.
m) Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.
C) Programas integrados de emprego destinados exclusivamente a persoas desempregadas maiores de 52 anos inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Serán gastos imputables unicamente os gastos realizados e efectivamente pagados, producidos en centros situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
A subvención determinada na resolución destinarase a cubrir os gastos efectivamente realizados pola entidade relativos
Estos gastos poden ser os seguintes
a) Aos custos de persoal asociado ao programa integrado de emprego.
b) Aos gastos de axudas de custo e desprazamento do dito persoal.
c) Ás bolsas de asistencia ás persoas demandantes
d) Aos gastos de subcontratación da formación
e) Aos gastos de amortización de materiais e equipamentos técnicos necesarios para impartir a formación, co límite do 10 % do custo total final do proxecto.
f) Aos gastos xerais, materiais e técnicos, co límite do 35 % do custo final do proxecto.
g) Aos gastos derivados do informe da persoa auditora da conta xustificativa.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
- Para todas as solicitudes:
Criterios xerais:
- As características dos colectivos que hai que atender, tendo en conta as especiais dificultades da súa inserción laboral (puntuación máxima: 8 puntos)
- A participación no proxecto do tecido empresarial existente no territorio en que se implantará o plan.(puntuación máxima: 5 puntos).
- Os obxectivos comprometidos en materia de inserción laboral no mercado de traballo das persoas demandantes que atender(puntuación: 10 puntos positivos ou negativos)
- O maior esforzo investidor da entidade solicitante no financiamento total do proxecto, sempre que o cofinanciamento sexa superior ao 10 % (puntuación máxima: 2 puntos)
- A impartición de formación do Catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal (Puntuación máxima 4)
- O seguimento e control, nos últimos cinco anos, no desenvolvemento de programas integrados para o emprego subvencionados polo Servizo Público de Emprego Estatal (ata un máximo de 3 puntos)
- A realización de prácticas profesionais non laborais a maiores (max. 1 punto)
Criterios innovadores:
- A utilización de tecnoloxías emerxentes no programa (puntuación máxima: 2 puntos)
- Existencia de medidas de conciliación da vida familiar e laboral (máximo de 1 punto)
- Presentación dun proxecto innovador en relación co perfil dos colectivos (máximo de 1 punto)
Criterios de adecuación do plan formativo ao mercado laboral:
- Formación relacionada cos sectores industriais declarados estratéxicos (máximo: 8 puntos)
- Formación en especialidades con nivel alto ou medio de inserción segundo os últimos datos recollidos polo Servizo do Observatorio de Prospectiva do Mercado Laboral da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (máximo: 5 puntos)
CONTIA
A contía máxima da subvención que se concederá será de 220.000 euros por programa.
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentaciones das solicitudes ata o 18 de agosto de 2025
Máis información
Consulta:
Codigo de procedemento: TR332A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




