A convocatoria ten por obxecto aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas de carácter profesional celebrados en Galicia e que teñan un interese estratéxico para o sector
Beneficiarios
Poderán acceder ás axudas:
- Persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou noutro territorio da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo que desenvolvan a súa actividade maioritariamente en Galicia.
- Entidades locais galegas, asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, así como comunidades de bens ou outras unidades económicas
Actividades subvencionables
Considérase proxecto subvencionable a organización e celebración dun festival de artes escénicas que cumpra os seguintes requisitos:
- Celebrarse entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025.
- Ter unha antigüidade mínima de dúas edicións.
- Contar cun orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable.
- A contratación de compañías galegas ten que supoñer, como mínimo, o 30 % do orzamento de contratación artística.
- Un mínimo do 60 % das representacións deben ser con entradas de pago, excepto festivais de rúa.
- A programación debe incluír un mínimo de seis compañías
Contía
A intensidade máxima da axuda será do 60 % do orzamento subvencionable, cun límite de 60.000 euros por beneficiario..
Prazo
Ata o 25 de abril de 2025
Máis información
Consulta a
Código de procedemento: CT213A
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




