SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MARÍTIMO-FLUVIAL

Tes unha organización sen ánimo de lucro e queres poñer en valor o noso patrimonio marítimo-fluvial? Esta é a túa oportunidade! Abrimos a convocatoria de subvencións para apoiar proxectos que recuperen e promocionen os bens históricos da nosa costa e ríos, converténdoos en recursos para actividades socioculturais. Non deixedes pasar esta ocasión: inscríbevos e axudade a que a nosa memoria marítima-fluvial siga viva!

Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria pola que se rexerán a concesión, o seguimento e a xustificación de subvencións destinadas á recuperación e á posta en valor dos bens que integran o patrimonio marítimo-fluvial na provincia para o seu uso en actividades de promoción sociocultural.

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán solicitar estas subvencións as entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial de Galicia

Requisitos: 

  • Carecer de fins de lucro.
  •  Desenvolver a súa actividade no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
  • Ser titulares dos bens obxecto de rehabilitación ou mellora. Estes deberán ser de construción e tipoloxía tradicionais, feitos con elementos e procedementos tradicionais.
  •  Empregar os bens en actividades de promoción sociocultural; non poderán destinarse á pesca nin á acuicultura.
  • Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da LXS.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Facenda autonómica (ATRIGA), coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra

GASTOS E LIÑAS SUBVENCIONABLES

Os gastos subvencionables comprenderán os traballos de recuperación de todos aqueles bens de interese que integran o patrimonio marítimo e fluvial na provincia.

As entidades solicitantes deberán seleccionar unha das seguintes liñas de actuación:

• Liña 1. Embarcacións tradicionais.

• Liña 2. Aparellos de pesca e demais elementos vinculados á cultura marítimo-fluvial.

• Liña 3. Construcións e instalacións en terra.

CONTÍA

O importe máximo da subvención para cada actuación non poderá exceder o 80 % do seu orzamento nin superar o importe de dez mil (10.000,00) euros.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

  • Interese do ben obxecto de restauración desde o punto de vista histórico e cultural (de 0 a 40 puntos):
  • Proxecto de recuperación do ben (de 0 a 40 puntos)
  • Actividades de posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial (de 0 a 20 puntos)

Unha vez analizada a proposta, a Comisión de Valoración outorgaralle unha puntuación, que deberá acadar un mínimo de 50 puntos en total para que a actividade poida subvencionarse.

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes ata o 27 de outubro del 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta: 

BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MARÍTIMO-FLUVIAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2025

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *