SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIOSANITARIO NO ÁMBITO DOS TRASTORNOS MENTAIS

Ata o 12 de agosto está aberta a convocatoria de subvencións para programas sociosanitarios no eido da saúde mental e as adicións! Se a túa entidade traballa con estes colectivos, é o momento de presentar proxectos con impacto real. Infórmate e solicita a túa!

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e dos trastornos adictivos.

O contido dos programas que se desenvolverán durante o ano 2025 deberá axustarse, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I, ás seguintes liñas de actuación:

  • Liña I. Proxectos de investimento en melloras en centros sanitarios e sociosanitarios cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais en materia de trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).
  • Liña II. Programas de intervención comunitaria en persoas con trastorno mental (incluídos os trastornos adictivos).
  • Liña III. Programas de promoción do desenvolvemento de contornas protectoras no ámbito dixital e prevención terciaria en adiccións comportamentais e outras adiccións.
  • Liña IV. Programas de incorporación social e fomento do emprego en persoas con trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).
  • Liña V. Programas de prevención do suicidio e posvención.

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades definidas do terceiro sector de acción social, e outras organizacións sempre que cumpran os seguintes requisitos:

Requisitos:

  • Estar legalmente constituídas, polo menos, con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
  • Carecer de ánimo de lucro.
  • Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
  • Ter entre os seus fins estatutarios a atención ás necesidades ou o desenvolvemento de actividades dirixidas a persoas con trastorno mental grave e/ou adiccións.
  • Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materiais necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Exclusions

  • Segundo indica o artigo 82 da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva de persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, non se outorgarán subvencións a ningunha entidade que cometa, incite ou promocione LGTBIfobia, incluíndo a promoción ou realización de terapias de conversión.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios.
  • Os realizados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025 e efectivamente pagados ata o 31 de decembro de 2025.
  • Gastos do persoal laboral da entidade: custo total, que abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á empresa.
  • Gastos de persoal en réxime de arrendamento de servizos.
  • Axudas de custo e gastos de viaxe
  • Gastos de xestión e administración directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa, incluíndo os custos xerais de estrutura necesarios e indispensables para a súa axeitada preparación ou execución.
  • Gastos de investimento referidos ao equipamento (incluído material informático, tabletas, etc), obras de reforma, restauración e rehabilitación, gran reparación, conservación, mantemento e adquisición de subministracións, equipamento e vehículos, no caso de entidades beneficiarias de subvencións para o desenvolvementos de proxectos dentro da liña de actuación I

Incompatibilidades e concorrencia

  • A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.
  • O importe da subvención concedida non poderá ser en ningún caso de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos supere o custo do correspondente programa.
  • No caso de entidades solicitantes que sexan perceptoras doutras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra entidade, deberán acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións

CONTIA

Cada entidade soamente poderá presentar dúas solicitudes de axuda a esta convocatoria ou tres no caso de que unha delas se presente ao abeiro da liña I. Nas liñas I, II e V o crédito máximo que se pode solicitar será de 50.000 euros. No caso das liñas III e IV, o crédito máximo que se pode solicitar será de 10.000 euros.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Para a adxudicación das subvencións teranse en conta os criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes e dos programas, e a ponderación deles segundo a seguinte relación:

1. Criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes (máximo 19 puntos)

  1.  A implantación (máx. de 3 puntos)
  2. A experiencia na xestión e execución de programas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia: (máx. 2,5 puntos)
  3. A calidade na xestión da entidade (máx. de 3 puntos)
  4. A auditoría externa (máx. de 1,5 puntos)
  5. O financiamento obtido doutras institucións (máx. de 1 punto)
  6. A adecuación de recursos humanos (máx. de 8 puntos)

2. Criterios de valoración dos programas:

Criterios de valoración da liña I (má., 57 puntos)

Criterios de valoración da liñas II,III, IV e V (máx. 57 puntos).

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes ata o 12 de agosto del 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta:

ORDE do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedemento SA500A).

Código de procedemento: SA500A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *