Obxecto
Convocatoria, para o ano 2024, das axudas dirixidas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Entidades beneficiarias e requisitos
Entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os requisitos.
Liñas de actuación do programa
- Liña I: Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica.
- Liña II: Actuacións de inclusión social:
- 1º. Actuacións comúns dirixidas a todas as persoas en situación ou risco de exclusión social
- 2º. Actuacións dirixidas a persoas sen fogar e en exclusión residencial grave.
- 3º. Actuacións dirixidas á poboación xitana
- 4º. Actuacións dirixidas a persoas inmigrantes
- Liña III: Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade.
- Liña IV: Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade.
- Liña V: Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas en situación ou risco de exclusión social.
- Liña VI: Actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero.
- Liña VII: Actuacións de promoción da autonomía persoal de apoio a persoas maiores e a persoas dependentes.
- Liña VIII: Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores e a persoas dependentes.
- Liña IX: Proxectos de investimento e adecuación de centros destinados á infancia do sistema de protección e reforma xuvenil.
Contía dos programas e accións subvencionables
1. As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social.
Os programas desenvolveranse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2025, sendo a data límite de presentación da documentación xustificativa o 16 de marzo de 2026.
2. O orzamento mínimo de cada programa será de 5.000 €. O número máximo de programas para os que se poderá obter subvención por parte dunha mesma entidade ou agrupación, así como a contía máxima da subvención que se concederá para cada uns dos programas e proxectos presentados dentro de cada unha das liñas de actuación, será o seguinte:
LIÑA | PROGRAMAS: actuacións | ENTIDADE | ÁMBITO XEOGRÁFICO | Nº PROGRAMAS A PRESENTAR | CONTÍA MÁXIMA |
LIÑA I | Familia, infancia e dinamización demográfica | ||||
Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 2 programas | Cada programa 60.000€ | ||
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Máximo 5 programa | Cada programa 130.000€ | ||
LIÑA II | Inclusión social | ||||
Cubrir necesidades básicas | Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 1 programa | Cada programa 60.000€ | |
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Máximo 1 programa | Cada programa 400.000€ | ||
Persoas sen fogar | Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 1 programa | Cada programa 200.000€ | |
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Máximo 2 programas | Cada programa 200.000€ | ||
Persoas en situación ou risco de exclusión social | Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 2 programas | Cada programa 50.000€ | |
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Máximo 4 programas | Cada programa 200.000€ | ||
LIÑA III | Promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade. | ||||
Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 2 programas | Cada programa 40.000€ | ||
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Máximo 8 programas | Cada programa 300.000€ | ||
LIÑA IV | Investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a perosoas con discapacidade | ||||
Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 1 programa | Cada programa 50.000€ | ||
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Poderán presentar un número máximo de proxectos de investimento equivalente ao 50 % do número de entidades que as integren | Cada programa 150.000€ | ||
LIÑA V | Investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas en situación ou risco de exclusión social | ||||
Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 1 programa | Cada programa 40.000€ | ||
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Máximo 2 programas | Cada programa 60.000€ | ||
LIÑA VI | Actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero | ||||
Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 1 programa | Cada programa 75.000€ | ||
LIÑA VII | Actuacións de promoción da autonomía persoal de apoio a persoas maiores e a persoas dependentes | ||||
Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 2 programas | Cada programa 40.000€ | ||
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Máximo 8 programas | Cada programa 300.000€ | ||
LIÑA VIII | Investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas dependentes | ||||
Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 1 programa | Cada programa 50.000€ | ||
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Poderán presentar un número máximo de proxectos de investimento equivalente ao 50 % do número de entidades que as integren | Cada programa 150.000€ | ||
LIÑA IX | Investimento e adecuación de centros destinados á infancia do sistema de protección e reforma xuvenil | ||||
Entidades e asociacións | Local ou provincial | Máximo 1 programa | Cada programa 30.000€ | ||
Federacións, confederacións, agrupacións, entidades e asociacións | Autonómico | Máximo 2 programas | Cada programa 30.000€ | ||
*ámbito autonómico cando as entidades, declaren que xestionou e executou programas sociais similares aos definidos no ámbito das catro provincias galegas, durante un prazo mínimo de 2 anos.As federacións, confederacións, agrupacións ou entidades só poderán concorrer a unha das liñas que financian proxectos de investimento das liñas IV, V, VIII e IX. |
Gastos subvencionables
Consideraranse como gastos subvencionables os que conten coas seguintes características:
- Que respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios.
- Que se efectúen durante o ano 2025 e sexan efectivamente pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación establecido no artigo 23.4, agás os impostos imputables á dita actividade devindicados con posterioridade á súa finalización e os gastos relacionados cos honorarios derivados da xustificación baixo a modalidade de conta xustificativa con achega de informe de auditoría recollida no artigo 23.4.
- Que teñan a seguinte natureza:
- Gastos do persoal da entidade.
- Gastos do persoal contratado en réxime de arrendamento de servizos.
- Axudas de custo e gastos de viaxe.
- Gastos de xestión e administración directamente relacionados co funcionamento habitual da entidade solicitante.
- Gastos derivados de auditorías externas sobre a xestión do/dos programa/s por parte da entidade.
- Gastos de investimento no caso das liñas de actuación IV e VIII e IX: na execución de obras o importe total dos custos xerais (tales como honorarios de arquitectos e enxeñeiros) non poderán superar o 12 % do importe total da subvención finalmente concedida para o desenvolvemento do programa.
- Bolsas de asistencia dirixidas a promover a participación dos beneficiarios nos programas de formación. A contía non poderá ser superior a 5 €/día.
- Outros gastos correntes directamente relacionados coa actuación subvencionada.
Prazo
O prazo para a presentación de solicitudes comeza o 21 de setembro de 2024 e remata o 21 de outubro de 2024.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento: BS623D
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66 ou mandando un correo electrónico ó enderezo obradoiro.emprego@maiv.org.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.
O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva e non se poderá conceder subvención ás solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima global de 60 puntos. |