SUBVENCIÓNS DE FOMENTO DO EMPREGO EN ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2025

Ata o 26 de maio!! o Concello de Vigo abre o prazo de solicitudes para subvencións destinadas ao fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro. Unha oportunidade para reforzar equipos e impulsar proxectos sociais. Anímate a participar!

Estas axudas están dirixidas a fomentar a creación de emprego e favorecer a estabilidade laboral en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía. Con esta medida preténdese reducir, nestes anos de crise, a porcentaxe de persoas desempregadas na cidade mediante a contratación de postos de traballo ou favorecendo a continuidade de grupos e programas de actuación estables do persoal contratado nas dúas convocatorias anteriores a través da colaboración coas organizacións con presencia na cidade de Vigo.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

Convócanse os programas que se relacionan en función das súas características cara ao fomento do emprego e a inserción laboral e da mellora no funcionamento das entidades, no cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades:

• Programa I: “Entidades veciñais e culturais” Epígrafes 10.1 e 10.5.

• Programa II: “Entidades sociais e asistenciais” Epígrafes 1, 2, 4.1 e 9.1.

• Programa III: “Organizacións sindicais” Epígrafe 5.1

• Programa IV:“Entidades empresariais”. Epígrafes 5.2

• Programa V:“Comunidades de Montes”. Epígrafe 10.7

• Programa VI: “Entidades deportivas” Epígrafes 3.0.0, 3.1.1 e 3.1.2

Requisitos:

  1.  Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  2.  Que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións no epígrafe correspondente, con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria.
  3. Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.
  4.  Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesarias para acadalos. (DEBERÁN ACHEGAR CERTIFICACIÓN DA SECRETARÍA DA ENTIDADE)
  5. Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo na convocatoria anterior.
  6.  Que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e coa Seguridade Social. 
  7.  Que as persoas físicas que ostentan a representación legal das entidades beneficiarias e os seus membros asociados, non estean incursas nalgún dos supostos de prohibición ou circunstancias previstas no art. 13 da LXS que impiden acadar a condición de beneficiario/a.
  8. Que se acompañe á solicitude a documentación preceptiva detallada na Base novena desta convocatoria.
  9. Que non exista no orzamento municipal vixente consignación orzamentaria nominativa ao seu favor para a concesión dunha subvención ou axuda directa, é dicir, para a formalización dun convenio de colaboración, para o fomento do emprego.
  10. Que realicen convocatoria pública da oferta de emprego de acordo co establecido na Base 13ª

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • PROGRAMA DE SUBVENCIÓN DE FOMENTO DO EMPREGO PARA NOVAS CONTRATACIÓNS OU TRANSFORMACIÓNS

A subvención cubre os gastos salariais e de Seguridade Social das persoas traballadoras contratadas dende o 1/08/2024 ata o 31/07/2025 que se revelen como obxectivamente necesarios para que as asociacións poidan cumprir os fins que lle son propios ou derivados especificamente das contratacións realizadas para o desenvolvemento das actividades programadas.

Se establece un período máximo subvencionado de 9 meses por cada posto de traballo solicitado.

Para a contratación de persoal fixo ou fixo descontinuo, a formalización dos correspondentes contratos deberá ir precedida, inescusablemente, do procedemento de selección previsto na Base 13ª

Hai 3 modalidades de contratación subvencionadas con cargo a esta convocatoria:

  • TRANSFORMACIÓN DE CONTRATOS
  • NOVA CONTRATACIÓN FIXA OU FIXA DESCONTINUA
  • MELLORA DA OCUPABILIDADE E INSERCIÓN LABORAL
  • PROGRAMA FOMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL DO PERSOAL CONTRATADO OU TRANSFORMADO EN FIXO OU FIXO DESCONTINUO NAS CONVOCATORIAS 2023 E 2024

A) Comprende o fomento da estabilidade do persoal de nova contratación fixo ou fixo descontinuo ou a transformación de contrato temporal ou fixo descontinuo subvencionado na anualidade 2024 (dende o 1 de agosto de 2023 ata o 31 de xullo de 2024) sempre que se mantivesen vixentes sen interrupción máis aló do 31/07/2024, isto é, unha vez finalizado o período de gastos subvencionables naquela convocatoria.

A porcentaxe máxima a imputar dos custes salariais e de seguridade social será do 100% dos meses imputados cun máximo de 9 mensualidades. .

B) Comprende as persoas contratadas ou transformadas en fixos ou fixos descontinuos no período subvencionable na anualidade 2024 (01/08/2023 ata 31/07/2024) cuxos custes salariais e de seguridade social non fosen obxecto de financiamento en dita anualidade, sempre e cando se mantivesen vixentes as contratacións sen interrupción máis aló do 31/07/2024 e se cumprise co proceso de selección establecido

C) Comprende o fomento da estabilidade do persoal contratado fixo ou fixo descontinuo no período subvencionable na anualidade 2023 (01/08/2022 ata 31/07/2023) e se mantivese vixente de xeito ininterrompido máis aló do 31/07/2024 e atópense imputados ao proxecto da nova convocatoria. Neste suposto a porcentaxe máxima a imputar dos custes salariais e de seguridade social será do 50% dos meses imputados cun máximo de 9 mensualidades.

OUTROS GASTOS SUBVENCIONABLES

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Como criterios xerais de valoración para o outorgamento das subvencións dos distintos programas, terase en conta:

  1. Colaboración no desenvolvemento de actividades de fomento do emprego: Ata 8 puntos.
  2. 2. Representatividade da entidade: Ata 2 puntos
  3. Calidade do proxecto: Ata 10 puntos
  4. Modalidade de contratación:

Informacion mais detallada sobre os criterios de avaliación dos proxectos.

CONTÍA

  1. Programa I “Entidades veciñais e culturais”: A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 35.000 €.
  1.  Programa II: “Entidades sociais e asistenciais”: A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 35.000 €.
  1. Programa III: “Organizacións sindicais”: 11.000 € 
  1. Programa IV: “Entidades empresariais”:  A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 35.000 €.
  1. Programa V: “Comunidades de Montes”: 145.000,00 €
  1. Programa VI: “Entidades deportivas”: A subvención por este concepto non poderá superar, en ningún caso, o límite de 35.000 €.

Para facilitar a administración da axuda concedida poderase tramitar un anticipo a conta de ata un 50% da contía total da axuda outorgada polo Concello, previa petición razoada da entidade, na que xustifique o destino dos fondos solicitados e a necesidade financeira dos mesmos.

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes do ata o 26 de maio de 2025.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulte

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS DE FOMENTO DO EMPREGO EN ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2025

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *