SUBVENCIÓNS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO DIRIXIDAS A ONGD PARA O ANO 2025

Ata o 19 DE ABRIL! ¡Impulsa o cambio coa túa ONGD! La Diputación de Pontevedra abre unha nova convocatoria para financiar proxectos de cooperación ao desenvolvemento aliñados coa Axenda 2030 e os ODS, priorizando iniciativas que combaten a pobreza e fomenten a igualdade.

Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións dirixidas a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, en diante ONGD, para o ano 2025.

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán beneficiarse destas subvencións as ONGD que cumpran os seguintes requisitos:

Requisitos:

  • Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento da Xunta de Galicia, na sección A.
  • Ter o seu domicilio social ou unha delegación permanente na provincia de Pontevedra. Para estes efectos, entenderase por delegación permanente aquela que conte con persoal permanente de organización, xa sexa contratado ou voluntario, e local fixo para realizar actividades.
  •  Carecer de ánimo de lucro e non depender economicamente ou institucionalmente de entidades lucrativas.
  • Ter entre os seus fins institucionais expresos a realización de actividades relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento e co fomento da solidariedade entre pobos, a cooperación social ou calquera outra actividade de natureza similar.
  • Estar ao corrente de pago no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.

Exclusions

  • Non incorrer en ningunha das prohibición previstas na LXS nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Os proxectos presentados polas ONGD deben vincularse coas prioridades transversais mencionadas no V Plan director da cooperación galega, de acordo coas súas posibilidades e dimensións.
  • Proxectos cuxos obxectivos principais sexan a formación, capacitación, axuda técnica, fortalecemento das entidades, así como satisfacer as necesidades básicas da poboación deses países, relacionadas coa alimentación, a saúde, a educación etc.
  • Os proxectos deberán contar con contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución material e na xestión dos recursos e que constaten expresamente o seu compromiso de colaboración, así como a participación activa da poboación beneficiaria da subvención no deseño, na execución e na avaliación das actividades
  • Non incorrer en ningunha das prohibición previstas na LXS nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  • Terán a consideración de gastos subvencionables indirectos os efectuados pola entidade solicitante relacionados co proxecto e asociados á administración, xestión e/ou supervisión; con todo, estes non poderán exceder o 10 % do orzamento total do proxecto

Incompatibilidades e concorrencia

As subvencións concedidas nesta convocatoria serán compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.

En ningún caso terán a condición de gastos subvencionables:

  • As actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación de Pontevedra.
  •  Os gastos en atencións protocolarias (comidas, festas, recepcións, agasallos, flores etc.).
  • Os billetes de avión en primeira clase ou preferente.
  • As adquisicións de bens ou os gastos que teñan a consideración de investimento.
  • Os xuros debedores das contas bancarias.
  • Os xuros, recargas e sancións administrativas e penais.
  • Os gastos de procedementos xudiciais.

CONTIA

Só se concederá unha subvención por entidade. O importe máximo desta para cada actuación non poderá exceder os quince mil (15.000,00) euros. Subvencionaranse os tres proxectos que acaden a mellor puntuación.

As ONGD beneficiarias achegarán como mínimo o 5 % do custo total do proxecto.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A) Criterios relacionados coa entidade solicitante e coa entidade colaboradora en terreo: ata 25 puntos

  1. Traxectoria da ONGD solicitante segundo os proxectos realizados nos últimos tres anos (ata 9 puntos)
  2. Experiencia da ONGD solicitante na zona ou país onde se desenvolve o proxecto presentado (ata 8 puntos)
  3. Experiencia de traballo conxunto entre a ONGD solicitante e a contraparte, concretada en proxectos, actividades, campañas etc. (ata 8 puntos)

B) Criterios relacionados co proxecto: ata 75 puntos)

  1. Proxectos desenvolvidos nalgún dos once países considerados xeograficamente estratéxicos; serán áreas xeográficas prioritarias as contidas no V Plan director de cooperación galega 2023-2026 (ata 15 puntos)
  2. Claridade na descrición do proxecto, formulación de obxectivos e concordancia coas actividades (ata 10 puntos)
  3. Persoas beneficiarias directas do proxecto en terreo (ata 10 puntos)
  4. Implantación do proxecto en terreo (ata 10 puntos)
  5. Achega económica propia da entidade para desenvolver a actividade ou o proxecto obxecto de subvención (ata 10 puntos)
  6. Metodoloxía, recursos humanos e técnicos (ata 10 puntos)
  7. Viabilidade, sostibilidade e impactos (ata 5 puntos)
  8. Plan de difusión (ata 5 puntos)

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes ata o 19 de abril del 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta: 

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO DIRIXIDAS A ONGD PARA O ANO 2025

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *