SUBVENCIÓNS PROGRAMA VOLUNTARIADO SÉNIOR 2025

Antes do 5 de maio podes solicitar esta subvención dirixida a entidades de acción voluntaria enmarcada no programa Voluntariado Sénior, infórmate aquí!

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior. Estas axudas están destinadas a proxectos realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2025​

Beneficiarios

Poderán beneficiarse da subvención as entidades de acción voluntaria e as entidades locais que presenten proxectos de acción voluntaria desenvolvidos por persoas maiores de 55 anos.

Actividades subvencionables

Os proxectos subvencionables deberán realizarse dentro da Comunidade Autónoma de Galicia e poderán incluír actividades como:

  • Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
  • Recuperación da cultura, arte e tradicións populares galegas.
  • Conservación e mellora do medio ambiente e creación de ambientes sostibles.
  • Promoción da igualdade de xénero.
  • Innovación e investigación sobre o benestar das persoas maiores.
  • Humanización do medio rural e urbano.
  • Uso e promoción das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
  • Eliminación de estereotipos sobre as persoas maiores e loita contra o idade.
  • Cooperación interxeracional entre mozos e maiores.

Contía

 A contía da subvención que se vai conceder a cada entidade calcularase a razón de 5 euros por persoa voluntaria e día, dos cales 3 euros diarios serán entregados pola entidade a estas, para cubrir os custos de desprazamento e manutención, mentres que os 2 euros restantes os empregará a entidade para cubrir os gastos dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil das persoas voluntarias, así como os gastos correntes referidos no número

 Para xerar en dereito ás ditas contías, as persoas voluntarias deberán acreditar mediante o correspondente acordo a súa colaboración voluntaria durante xornadas de 3 horas diarias. Se a xornada diaria é inferior ás 3 horas, sumaranse as horas diarias ata completar unha xornada de 3 horas. Non se computarán os decimais nin os minutos.

 En ningún caso a contía da axuda outorgada poderá superar os 2.400 euros, que correspondería a un proxecto de oito (8) persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de sesenta (60) días, ou a contía de 6.000 euros, que correspondería a un proxecto de vinte (20) persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de sesenta (60) días, naqueles casos en que se poida solicitar ata un máximo de vinte (20) persoas voluntarias.                               

Para ter acceso á axuda é preciso obter un mínimo de 50 puntos na avaliación técnica dos proxectos. 

A concesión da axuda farase en réxime de concorrencia competitiva, seguindo a orde de prelación pola puntuación obtida, ata esgotar o crédito dispoñible en cada caso. Unha vez distribuído e esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtiveron axuda, aínda que teñan cincuenta ou máis puntos, entrarán nunha lista de reserva, por se algunha das entidades beneficiarias renuncia.

Prazo

Ata o 5 de maio

Máis información

Consulta a  ORDE do 24 de marzo de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508C).

Código de procedemento: BS508C

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *