SUBVENCIÓNS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORAS E PESCADORES, FEDERACIÓN DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra lanza unha nova liña de subvencións para apoiar ás confrarías de pescadoras e pescadores, á Federación de Confrarías e ás agrupacións de mariscadoras. Se precisas axuda para investimentos ou gastos correntes, consulta as bases e non perdas esta oportunidade!

Constitúe o obxecto destas bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, á Federación de Confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra que outorgue a Deputación para financiar investimentos e gastos correntes referidos a actividades propias da entidade.

Beneficiarios

  • Confrarías de pescadoras e pescadores.
  • Federación de Confrarías da provincia de Pontevedra.
  • Agrupacións de mariscadoras.
  • Deben estar legalmente constituídas e non ter débedas coa AEAT, ATRIGA, Seguridade Social nin coa Deputación de Pontevedra.

Actividades subvencionables

Liña de investimentos

  • Material para vixilancia.
  • Elementos de transporte.
  • Equipos informáticos, impresoras, etiquetadoras.
  • Mobiliario.
  • Caixas e palés reutilizables.
  • Construcións.
  • Formación técnica e asesoramento.

Liña de gastos correntes (carácter extraordinario en 2025)

  • Combustible e electricidade.
  • Adquisición de semente de moluscos bivalvos.
  • Gastos de persoal.
  • Organización de xornadas divulgativas e promocionais.
  • Roupa impermeable ou hidrotérmica.
  • Material como caixas de porespán, bolsas e outros subministros básicos.

Contía

  • O máximo subvencionable é o 80% do orzamento presentado.
  • Limites individuais:
    • Subvención mínima: 600 €.
    • Subvención máxima: 20.000 €.
    • Orzamento máximo de gastos: 40.000 €.

Criterios de valoración das solicitudes.

Prazo

  • Presentación: ata o día 10 de abril

Máis información

Consulta a 

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *