Estas axudas contribúen á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e, en definitiva, á promoción da cultura en Galicia, por considerar que as artes escénicas e musicais son elementos claves da creatividade artística e da dinamización cultural da nosa comunidade autónoma.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta convocatoria as institucións sen ánimo de lucro e deben cumplirse os seguintes requisitos específicos:
- Ter representación na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter como obxecto social nos seus estatutos o fomento e dinamización da cultura galega.
- Desenvolver a maior parte das súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes institucións sen fin de lucro:
- Entidades ou asociacións que pertenzan ao ámbito educativo.
- Asociacións ou federacións de veciños, e da terceira idade.
Actividades subvencionables
Os festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais obxecto de subvención deben cumprir cos seguintes requisitos:
- Ter unha duración mínima de dous (2) días consecutivos e máxima de seis (6) días, dos cales dous (2) serán consecutivos. Exclúense do cómputo, as actividades complementarias, se é o caso.
- O orzamento destinado á contratación artística non superará o 50 % do orzamento do proxecto presentado e o importe por actuación non superará en ningún caso os 10.000 €.
- A programación contará, como mínimo, cun 30 % do total das actuacións artísticas a cargo de grupos e/ou compañías galegas.
- O proxecto obxecto de subvención debe ter un carácter libre e gratuíto para o público asistente.
Consideraranse gastos subvencionables:
a) Gastos de difusión e publicidade en calquera soporte.
b) Alugamento de espazos e equipamentos técnicos.
c) Gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais.
d) Premios e galardóns oficiais.
e) Gastos de viaxes, aloxamento e manutención das persoas participantes nas actividades propostas. Estes gastos deberán especificarse e motivarse no orzamento.
Os ditos gastos deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de outubro de 2025.
-Deberanse ter en conta as seguintes exclusións
Compatibilidade con outras axudas
- A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
- O importe da subvención concedida non poderá, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo obxecto e finalidade doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superar o custo da actuación que vaia desenvolver a entidade solicitante. No caso contrario, esta subvención reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
Contía
A axuda máxima por beneficiario que concederá a Consellería será de 7.000,00 €, que en ningún caso poderá exceder o 70 % do orzamento total do proxecto que se vaia realizar.
Prazo
Ata o 7 de maio
Máis información
Código de procedemento: CT215A
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.