Obxecto
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca as seguintes axudas, en réxime de concorrencia competitiva, co obxectivo de fomentar as artes escénicas en Galicia.
Beneficiarios
- Persoas autónomas ou xurídicas privadas e as súas agrupacións.
- Entidades locais galegas sempre que cumpran co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
- Asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro e agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia.
Requisitos
- Que estean domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao espazo económico europeo.
- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Proxectos subvencionables
Para poder optar a estas axudas o festival deberá cumprir cos seguintes requisitos:
- Debe celebrarse entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024. Incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2024.
- Ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída esta convocatoria.
- Debe ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do total subvencionable.
- A programación de compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade en Galicia debe representar, como mínimo, o 30 % do orzamento de contratación.
- Un mínimo do 60 % das presentacións escénicas teñen que ser con entradas de pagamento, excepto festivais da rúa.
- A programación debe estar conformada por un mínimo de 6 compañías.
Só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por persoa solicitante.
Gastos subvencionables
Consideraranse gastos subvencionables aqueles que respondan á realización do proxecto e se acredite o seu pagamento antes do 15 de outubro de 2024 para aqueles que finalicen antes do 30 de setembro e 15 de novembro de 2024 para os restantes.
Son gastos subvencionables:
- Gastos de promoción, difusión e publicidade.
- Alugamento de espazos, servizos e equipamentos técnicos.
- Cachés de compañías.
- Dotación de premios outorgados polo festival.
- Gastos de viaxes e aloxamento das persoas participantes nas actividades propostas, excluídas as manutencións.
- Gastos derivados da xestión dos dereitos de autor.
- Gastos xerais e de persoal asociados ao desenvolvemento do proxecto (máximo 30 %).
Contía
O límite da subvención sobre o orzamento subvencionable é do 60 %, no caso das solicitudes conxuntas de entidades locais ou resultantes de fusión poderá ser do 85 %, e a contía máxima da subvención é de 60.000 €.
A contía das subvencións determinarase en función dos criterios de avaliación.
Estas axudas están suxeitas ao réxime de minimis.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con outras subvencións polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Prazo
Ata o 24 de maio de 2024
Máis información
CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: CT213A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.