O obxeto destas bases e apoiar a organización de festivais ou certames de cine de prestixio na provincia de Pontevedra, con especial atención ao cinema galego e outras producións en linguas minorizadas.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Entidades sin ánimo de lucro que:
- Carecer de fins de lucro.
- Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
- Estar inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas.
- Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) e coa Deputación de Pontevedra.
Requisitos das actividades subvencionadas
Los festivales deben:
- Levarse a cabo durante o ano 2025.
- Realizarse dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
- Ter unha duración mínima de catro xornadas e realizar un mínimo de vinte proxeccións.
- Incluír na programación a proxección de, como mínimo, cinco sesións ou un 10 % de títulos de produción cinematográfica ou de dirección galegas.
- Levar un mínimo de catro edicións consecutivas anteriores á convocatoria destas bases.
- Incluír na programación actividades paralelas educativas ou formativas.
- Empregar a lingua galega, como mínimo, na comunicación nos diferentes soportes e no desenvolvemento das actividades paralelas.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Infraestruturas e espazos para as proxeccións
- Gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais
- Xestión de películas
- Edición de publicacións: gastos de edición do catálogo e dos folletos de programación do festival, certame ou premio.
- Comunicación e prensa:
- Publicidade e difusión
- Gastos das e dos convidados directamente relacionados co festival:
- Premios ou galardóns oficiais: premios económicos outorgados polo festival, gastos pola fabricación de figuras, galardóns ou trofeos similares que se entreguen como premios do festival ou certame.
- Gastos de implantación de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias e laborais:
Gastos NO subvencionables
- Funcionamento ordinario da entidade (alugueres, consumos básicos, impostos, etc.).
- Salarios ou retribucións dos membros da entidade promotora.
- Investimento en equipamento ou material patrimonial.
- Gastos de protocolo ou festivos (cócteles, degustacións, etc.).
CONTIA
A axuda cubrirá ata o 75% do orzamento do proxecto. Se concederá tendo en conta os seguintes criterios de valoración.
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentación de solicitudes ata 26 de marzo de 2025.
MÁIS INFORMACIÓN
Consulte
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.