SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS DE DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN QUE FAVOREZAN A INSERCIÓN SOCIOLABORAL DE MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Ata o 10 de abril podedes solicitar a subvención, se a vosa asociación traballa pola inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero, esta convocatoria pode interesarvos!

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para o ano 2025 subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral, dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral.

ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poden optar ás subvencións as entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais de Galicia.
  • Carecer de ánimo de lucro.
  • Ter domicilio social ou delegación en Galicia.
  • Non estar incursas en ningunha das situacións establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
  • Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa de subvencións.

Persoas destinatarias finais 

As persoas destinatarias finais dos programas regulados nesta orde serán as mulleres vítimas de violencia de xénero, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego.

Requisitos das actividades subvencionables

Son subvencionables os programas de itinerarios personalizados e accións específicas para a inserción sociolaboral de mulleres vítimas de violencia de xénero, establecendo un obxectivo mínimo de inserción do 10% das participantes (5% no caso de mulleres con discapacidade ou inmigrantes).

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Gastos de persoal técnico e monitorado.
  • Outros gastos directos (seguros, axudas de custo, alugueiro de maquinaria).
  • Gastos indirectos (mantemento de instalacións, subministracións).
  • Bolsas de participación para as mulleres no programa.

Gastos NO subvencionables

  • Taxas, tributos ou impostos (agás o IVE non recuperable).
  • Subcontratación de servizos alleos ao desenvolvemento directo do programa.

CONTÍA

  • Para a determinación do importe das subvencións establécense os seguintes módulos:

a) Módulo para o itinerario de inserción

b) Módulo para accións de formación para o emprego

c) Módulo para medidas de apoio á conciliación

d) Módulo para bolsas de participación

  • A contía máxima que pode recibir cada entidade é de 80.000 euros.
  • A porcentaxe de subvención varía segundo a puntuación obtida na valoración, entre o 30% e o 100% do gasto subvencionable.


Prazo 

O prazo remata o día 10 de abril

Máis información

Consulta:

Código de procedemento: SI451A

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *