SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL (TR331A)

É vostede unha entidade interesada en incluír o perfil de orientador profesional no seu equipo? Esta subvención pode ser para ti!! Axudas para a contratación de persoal en orientación laboral no ano 2025

Convocatoria de subvencións para financiar a contratación de persoal técnico para actividades de orientación laboral non exercicio 2025. Estas actividades buscan mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas mediante plans e itinerarios de actuación personalizados.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

  • Entidades locais (excepto provinciais) con determinadas características, como un paro rexistrado superior a 350 persoas en 2024 ou agrupacións de tres concellos (ou dous, se un provén de fusión).
  • Confederacións e asociacións empresariais, organizacións sindicais e fundacións con experiencia en orientación laboral.
  • Entidades con ánimo de lucro especializadas na atención a persoas con discapacidade, colectivos en risco de exclusión social ou que, en xeral, traballen con colectivos vulnerables.

REQUISITOS

  • Lugares adaptados para atención individualizada, con accesibilidade adecuada.
  • Medios técnicos e materiais para conectarse á rede corporativa da Xunta de Galicia.
  • Contar con medidas de seguridade para el tratamiento de datos y actualizaciones tecnológicas periódicas.
  • Como entidades non deben incorrer nas prohibiciones da Lei de Subvenciones de Galicia.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES

  • Elaboración de perfís individualizados.
  • Titorización individual, asesoramento técnico continuado e atención personalizada:
  • Deseño de itinerarios ou plans de acción personalizados.
  • Accións grupais de orientación laboral.
  • Apoio á mobilidade laboral 
  • Coordinación con outras redes e persoal técnico.
  • Mellora continuada das súas propias competencias e recursos profesionais para a orientación laboral

CONTIA

  • Subvención máxima xeral de 31.000 € por técnico contratado a xornada completa durante 12 meses.
  • No caso das entidades sen ánimo de lucro que teñan entre as súas finalidades estatutarias ou fundacionais e se dediquen prioritaria e habitualmente á realización de actividades de atención a persoas con discapacidade 32.000 €.
  • Módulos adicionais de gastos técnicos e de formación: 800 € (ou 2.700 € para colectivos con desprazamentos entre concellos).

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  • Número de servizos de orientación laboral prestados.
  • Atención a colectivos prioritarios (parados de longa duración, persoas con discapacidade, mulleres vítimas de violencia de xénero, etc.).
  • Eficiencia, colaboración e xestión compartida en proxectos

INCOMPATIBILIDADES E CONCORRENCIA

  • Estas subvencións non poderán superar o custo total da actividade.
  • Non se financiarán os contratos con xornadas inferiores ao 50% dunha xornada completa.
  • Incompatibilidade con outras axudas para actividades que interfiran nos días establecidos.

PRAZO

A solicitude poderá presentarse ata o 24 de febreiro.

Máis informacion

Consulta a 

ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2025 (código de procedemento TR331A).

Código de procedemento TR331A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co Departamento de Apoio ás Asociacións da Mancomunidade de Vigo, chamando ao teléfono 986 42 33 66 o noso correo: obradoiro.emprego@maiv.org 

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *