SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NA ÁREA DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2023

Prazo pechado!! O Concello de Vigo vén de lanzar unha convocatoria de axudas económicas dirixidas a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro, co obxectivo de desenvolver actividades no ámbito dos servizos sociais durante o ano 2023. Esta iniciativa busca promover proxectos que beneficien diferentes colectivos e contribúan á mellora da calidade de vida na cidade.

A través desta convocatoria poderán subvencionarse aqueles proxectos, programas e actividades de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da cidade de Vigo no sector específico dos servizos sociais e que teñan como destinatarios a un ou varios dos seguintes colectivos:

  1. Familia e Infancia.
    • Proxectos ou actividades que fomenten as habilidades familiares a través de actividades de formación na igualdade e corresponsabilidade dos seus membros, cara á mellora da calidade da actuación parental e a vida familiar.
    • Proxectos ou actividades que favorezan a participación das familias cara á súa integración social.
    • Programas de apoio psicosocial para situacións de dependencia (autocoidado emocional, autoestima, regulación emocional, habilidades de comunicación e resolución de conflitos, etc.) cara á mellora da calidade da vida familiar.
  2. Persoas maiores e persoas con discapacidade.
    • Programas de información e/ou formación dirixidos a estes colectivos, familiares e coidadores.
    • Programas ou actividades dirixidas a persoas maiores e/ou con discapacidade que fomenten a súa psicomotricidade.
    • Programas de acompañamento ás persoas maiores que vivan soas. -Obradoiros alternativos non coincidentes cos desenvolvidos pola Área de Política de Benestar Social.
  3. Persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas.
    • Proxectos socioeducativos e de promoción social dirixidos a estes colectivos socialmente vulnerables.
  4. Persoas marxinadas sen fogar.
    • Proxectos de prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, dirixidos a persoas e colectivos en risco de exclusión social ou desprotección.
  5. Persoas con adiccións, con ou sen substancia (alcohol e outras drogas), adicción ó xogo, ás apostas en internet, etc.
    • Proxectos de carácter preventivo, socioeducativo, de promoción da autoestima e educación en valores.
Requisitos
  1. Ser unha entidade de interese social, sen ánimo de lucro, que teña entre os seus fins o desenvolvemento de actividades sociais e con implantación local. Para estes efectos, os seus estatutos ou normas reguladoras deberán ter obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nestas Bases.
  2. Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Concellería de Participación cidadá do Concello de Vigo na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Non estar incursas en ningún dos supostos previstos no Art. 10 da L.9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  4. Ter sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Vigo. Entenderase por “delegación permanente” aquela que conte con persoal permanente da organización e local fixo onde realicen as súas actividades.
  5. No caso de agrupación de entidades, todas elas deberán cumprir os requisitos anteriores. As entidades agrupadas asumen a responsabilidade conxunta do proxecto e designarán un domicilio único e unha cabeza de agrupación, tanto para notificacións administrativas como de interlocución coa Administración. A porcentaxe de participación de cada entidade no proxecto así como os dereitos e obrigas de cada unha delas determinaranse nun convenio que deberán xuntar cando se presente a documentación da solicitude. Neste convenio deberá sinalarse que cada unha das entidades asume a responsabilidade directa pola súa porcentaxe de participación e subsidiaria pola totalidade do proxecto.
  6. Non se consideran agrupacións de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación e a federación a que pertenza dita asociación ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.
  7. Cada entidade ou agrupación de entidades solicitantes non poderá presentar máis dun proxecto á convocatoria.
  8. Que conforme ós seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes Bases.
  9. Que teñan debidamente xustificadas, se é o caso, e antes da presentación da solicitude para cada convocatoria, as axudas recibidas no ano anterior. Así mesmo, é necesario que se efectúe o correspondente ingreso nos casos en que, sobre os/as beneficiarios/as das axudas económicas, recaíse resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.
  10. Que se atopen ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Accións subvencionables

Serán gastos subvencionables os custos directos e indirectos do programa, proxecto ou actividade subvencionada. Entenderanse como “custos directos” aqueles que resulten imprescindibles para a posta en marcha do proxecto, vinculados á execución da intervención, e que financian a consecución dos seus obxectivos. Para os efectos da concesión da axuda teranse en conta:

  1. Materiais consumibles: considéranse os gastos consumibles en prazos inferiores a un ano, tales como material de escritorio, material informático, material de formación, reprografías e imprenta.
  2. Persoal: os gastos de persoal subvencionables poderán incluír salarios e seguros sociais do persoal afecto ó proxecto a cargo da entidade. Para o caso de que se imputen gastos de coordinación, estactividade deberá ser realizada por persoa física distinta da responsable do proxecto. Cando a persoa que realiza a coordinación sexa persoal contratado con anterioridade pola entidade solicitante, non se poderá imputar máis do 20% da remuneración líquida mensual do período que abrangue a realización do proxecto.
  3. Servizos técnicos e profesionais requiridos para a realización de análise de necesidades, diagnósticos, capacitacións, seminarios, informes…, previstos para a realización do proxecto.
Prazo

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de xuño de 2023.

Máis información

Consulta a : BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS “SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E
ASOCIACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN
DE ACTIVIDADES NA ÁREA DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2023”

Concello de Vigo: Subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área dos servizos sociais no ano 2023.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co departamento de Dinamización Comunitaria da Mancomunidade de Vigo, chamando ó teléfono 986 42 33 66 ou a obradoiro.emprego@maiv.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *