O programa está destinado a financiar recursos de atención especializada integral dirixidos exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. O obxectivo é promover a inclusión social e mellorar a calidade de vida deste colectivo.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.
Requisitos adicionais:
- Estar inscritas na Área de Igualdade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS)
- Ter domicilio social ou delegación en Galicia.
- Non estár incluídas en ningunha das prohibicións establecidas na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.
- Serán subvencionables, sempre que se cumpran os requisitos e as condicións establecidos nesta orde, no marco dalgún dos seguintes programas:
1) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes en situación de especial vulnerabilidade, con fillas ou fillos menores de tres anos
2) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou a varios colectivos en que concorra a dita situación
Exclusións:
- Quedan excluídas as comunidades de bens, as sociedades civís, as cooperativas, as mutuas, as unións empresariais temporais e as agrupacións de interese económico.
- Non se subvencionarán actividades lúdicas, recreativas, deportivas, recreativas ou culturais.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
- Servizos de orientación e asesoramento: información sobre recursos, atención social e apoio á integración.
- Atención psicolóxica e asesoramento xurídico.
- Mediación intercultural e/ou familiar.
- Programas de adquisición de habilidades sociais e mellora da empregabilidade.
- Orientación laboral, apoio na busca de emprego e emprendemento.
- Intervención con servizos sociais, sanidade, educación e vivenda.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Gastos directos: terán esta consideración os que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, polo tanto, se refiran de forma inequívoca e constatable a ela.
- Gastos indirectos: gastos correntes que non se corresponden en exclusiva coa operación subvencionada por ter carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento: gastos indirectos de persoal (coordinación e tarefas auxiliares); gastos en bens consumibles e en material funxible; gastos de alugamento e de mantemento de instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade).
CONTÍA
- Os custos unitarios establécense por hora de traballo efectivamente desenvolvido polos profesionais implicados, diferenciando os distintos grupos laborais segundo o convenio colectivo.
- O importe total da subvención dependerá do número de horas traballadas e dunha porcentaxe fixa adicional do 20 % para cubrir outros gastos.
A contía máxima da axuda que se lle pode conceder a cada entidade ao abeiro desta convocatoria é de 40.000 euros
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 7 de Marzo
O período subvencionable abrangue desde o 1 de setembro de 2024 ata o 31 de agosto de 2025.
Máis información
Máis concretamente no CAPITULO II
Acceder ao procedemento de tramitación:
- Código de procedemento SI427A
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.