A finalidade deste programa é crear espazos de participación para as entidades da provincia de Pontevedra onde poidan compartir experiencias e poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán solicitar estas axudas as entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, asociacións de maiores, asociacións veciñais e culturais e ANPAS que teñan a sede social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
Requisitos
- Carecer de fins de lucro e ter finalidades coincidentes co obxecto da subvención, segundo os seus estatutos.
- Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
- Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
- As actividades deberán desenvolverse na provincia e contar cun mínimo de 30 participantes (ou 20 se hai persoas con mobilidade reducida).
Exclusións
- Non se subvencionarán actividades xa financiadas con outras convocatorias da Deputación nin gastos correntes de funcionamento, atención protocolaria ou investimentos.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Considéranse subvencionables os gastos directamente vinculados ás actividades seleccionadas, tales como:
- Transporte (autobuses, barcos, etc.).
- Entradas para museos, centros de interpretación e outros espazos culturais.
- Contratación de guías turísticos oficiais.
- Seguros necesarios para o desenvolvemento das actividades.
- Servizos de restauración ou catering (ata un máximo de 600 €).
Tamén serán obxecto de subvención os gastos que se detallan a continuación e derivados da realización dalgunha das actividades incluídas no catálogo “+Convivencia”.
CONTIA
Subvención máxima por entidade e actividade: 1.200 €.
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentación de solicitudes do 1 de marzo ao 1 de decembro de 2025, ou ata esgotar o crédito dispoñible
MÁIS INFORMACIÓN
Consulte
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “+CONVIVENCIA” E CONVOCATORIA DE 2025
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.