PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DOS PREMIOS GALICIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2025

Participa ata o 7 de maio nos Premios Galicia de Acción Voluntaria, convocatoria que recoñece e visibiliza o traballo das entidades e persoas que promoven o voluntariado na nosa comunidade. Descúbreo aquí e anímate!

Esta orde ten por obxecto a regulación do procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2025 coa finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2025. 

Cos Premios Galicia de Acción Voluntaria preténdese recoñecer o exercicio da acción voluntaria a nivel individual e colectivo e os beneficios que esta lle proporciona ao conxunto da sociedade.

PREMIO Y MODALIDADES

Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas no artigo 2 cuxa dotación económica será de 4.000 euros por modalidade.

Os Premios Galicia de Acción Voluntaria que se convocan terán as seguintes modalidades: 

  1.  Premio persoa voluntaria do ano na modalidade individual, para as persoas físicas voluntarias.
  2.  Premio entidade de acción voluntaria do ano na modalidade colectiva, para as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
  3. Premio mellor proxecto de acción voluntaria, que corresponderá a aqueles proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, vinculados a áreas de especial interese e que supoñan unha innovación social para a nosa comunidade autónoma.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

  1. Serán persoas destinatarias dos Premios Galicia de Acción Voluntaria, na modalidade individual ao Premio persoa voluntaria do ano, aquelas persoas físicas voluntarias que desenvolvan a súa actividade e colaboren con entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria, públicas ou privadas, que se distinguisen polo seu sobresaínte labor na promoción e xestión do voluntariado social na nosa comunidade autónoma.
  1.  Serán persoas destinatarias dos Premios Galicia de Acción Voluntaria, na modalidade colectiva ao Premio entidade de acción voluntaria do ano, as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia que, de xeito continuado e eficaz, desenvolvan actividades e/ou programas sociais ou de interese xeral que impliquen un compromiso social e comunitario a través de proxectos consolidados e normalizados no tempo e nos cales a acción voluntaria e as persoas voluntarias asuman un especial protagonismo.
  1.  Os Premios Galicia de Acción Voluntaria na modalidade de mellor proxecto de acción voluntaria corresponderán a aqueles proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, vinculados a áreas de especial interese e que supoñan unha innovación social para a nosa comunidade autónoma.
  1.  As persoas destinatarias, tanto físicas como xurídicas, deberán contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio á cal concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a solicitude deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

Requisitos

Para poder optar aos Premios Galicia de Acción Voluntaria, as persoas solicitantes

deberán acreditar documentalmente, que reúnen as calidades que xustifiquen poder optar ao premio na modalidade de que se trate.

COMPATIBILIDAD DOS PREMIOS

A obtención dos premios é compatible con outros outorgados coa mesma finalidade por todo tipo de órganos, organismos e entidades públicos ou privados, consonte o establecido no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación da solicitude ata o 7 de maio do 2025

Máis información

Consulta:

ORDE do 25 de marzo de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2025

Codigo do procedemento: BS508D

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *