A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca o procedemento de concesión do uso das súas instalacións xuvenís dentro da programación da campaña de verán 2025, para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, dirixidas á xuventude
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán solicitar o uso das instalacións de referencia:
- As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
- Os consellos locais e municipais de xuventude.
- As corporacións locais.
- Outras entidades públicas ou privadas debidamente constituídas que realicen actividades coa xuventude
SERVIZOS OFERTADOS
O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:
- Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
O primeiro servizo de alimentación será o xantar do día da incorporación e o último será o xantar do último día de estadía concedida.
- Do material, excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación e que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
- Dos servizos da xerencia e persoal de servizos de restauración e limpeza das ditas instalacións.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
Para a adxudicación do uso das instalacións ofertadas establécese a seguinte orde de preferencia:
- Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas na Comunidade Autónoma galega, e inscritas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude.
- Consellos locais e municipais de xuventude galegos.
- Corporacións locais galegas.
- Grupos de persoas mozas galegas non asociadas segundo o establecido no artigo 3.
- Outras entidades públicas ou privadas, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que o soliciten con fins asistenciais.
- Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, escolas de tempo libre, entidades que realicen actividades coa xuventude e grupos de persoas mozas, domiciliados noutras comunidades autónomas
Pola súa banda, dentro do previsto no número anterior, terán prioridade, por esta orde No caso de persistir o empate, procederíase a un sorteo para determinar as entidades ou grupos destinatarios.
Máis información de interese
As instalacións, prazas e quendas ofertadas son as recollidas no anexo I.
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentación de solicitudes do ata o 12 de maio de 2025.
MÁIS INFORMACIÓN
Consulte
Código de procedemento BS304A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.




