SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE FESTAS TRADICIONAIS, PATRONAIS, COPATRONAIS, GASTRONÓMICAS, FESTIVAIS FOLCLÓRICOS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS PERÍODO 2024-2025.

Ata o 23 de xullo o Concello de Vigo abre subvencións 2024-2025 para apoiar as nosas tradicións, gastronomía e cultura. É o momento de xuntar á xente e poñer en valor o que nos fai únicos. Non o deixes escapar!

Obxecto 

– Fomento de acontecementos que promovan a manifestación de valores culturais, social e de espazos de convivencia lúdica e de recreación na tradición popular entre a cidadanía, con especial consideración as súas características etnolóxicas e de especial atractivo turístico e comercial.

-Fomento da participación activa da cidadanía no desenvolvemento de accións que poidan ser consideradas de interese social e económico para a cidade coa conseguinte mellora da cidade de vida e cohesión social do municipio.

–Fortalecemento do tecido asociativo que traballa no ámbito comercial, lúdico, sociocultural.

–Favorecer a cooperación entre o sector público e as entidades sen ánimo de lucro no desenvolvemento de programas de actividades que completen ou suplan aquelas de competencia municipal.

–Enxalzamento gastronómico dos produtos da nosa zona.

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán solicitar subvención, as entidades non empresariais e sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos

Requisitos adicionais:

  • As entidades que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes, sen ánimo de lucro e que non desenvolvan actividade empresarial.
  • Que a actividade se celebre dentro do termo municipal de Vigo
  • Que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes coas establecidas nas presentes Bases.
  • Que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acrediten a experiencia e capacidade necesaria para o logro de tales obxectivos.
  • As persoas ou entidades solicitantes deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e non estar incursos en prohibición para ser beneficiarias da subvención

Exclusions

  • Entidades cuxo obxecto social sexa actividade empresarial.
  • As entidades con ánimo de lucro.

GASTOS SUBVENCIONABLES

DEFÍNENSE AS SEGUINTES LIÑAS DE SUBVENCIÓN:

Liña 1. Festas tradicionais, patronais, copatronais, gastronómicas e festivais folclóricos.

As entidades participantes tan só poderán optar a un máximo de DÚAS (2) subvencións dentro dentro desta liña para festas diferentes.

  • 1.1. Festas de especial interese, patronais e/ou copatronais, da cidade que se veñan desenvolvendo de forma continuada.
  • 1.2. Festas tradicionais, patronais e copatronais, de barrios e parroquias que se veñan desenvolvendo de forma continuada.
  • 1.3. Festas gastronómicas de especial interese que se veñan desenvolvendo de forma continuada .
  • 1.4. Festivais folclóricos internacionais que se veñan desenvolvendo de forma continuada.
  • 1.5. Festas etnográficas, folclóricas e de música tradicional de outras autonomías que se veñan desenvolvendo de forma continuada.

Liña 2.— Actividades socioculturais e relacionadas coas artes escénicas.

As entidades participantes poderán optar a un máximo de DÚAS (2) subvencións para festas diferentes dentro desta liña.

2.1. Programas de actividades relacionados coas artes escénicas, música, danza, artes plásticas e literatura.

2.2.Programas de actividades de dinamización sociocultural nos barrios e parroquias.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

LIÑA SUBVENCIÓN 1

Tódalas entidades que cumpran os requisitos previstos nestas bases para esta Liña serán beneficiarias da asignación fixa correspondente.

LIÑA SUBVENCIÓN 2

Na valoración das actividades socioculturais incluídas na Liña de subvención 2 aplicaranse as seguintes puntuacións ata un máximo de 100 puntos:

  • Criterios de avaliación da entidade solicitante: ata 40 puntos.
  • Criterios para avaliación de cada programa: ata 60 puntos

CONTIA

Liña 1. Festas tradicionais, patronais, copatronais, gastronómicas e festivais folclóricos. Máximo 35.000€

Liña 2.  Actividades socioculturais e relacionadas coas artes escénicas.

O importe que se distribuirá entre as solicitudes a esta liña será o resultado de restar ao crédito orzamentario da partida 3380.4890000 (370.000,00 €) a suma do importe concedido aos conceptos subvencionables da Liña 1.

O importe máximo a conceder a cada entidade solicitante por cada programa subvencionable terá como límite o 75% do presuposto do proxecto presentado (ive incluído) e non excederá a cantidade de 3.000 €.

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes ata 23 de xuño de 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta:

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA DESENVOLVEMENTO DE FESTAS TRADICIONAIS, PATRONAIS, COPATRONAIS, GASTRONÓMICAS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS

Tramitación: https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/?lang=cas

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *