O Concello de Gondomar ten unha gran tradición na confeccións das Alfombras Florais con mais de 70 anos de historia. Unha tradición que ano a ano anima a mais xente a participar na elaboración e confección das alfombras e cada vez son mais os visitantes que se achegan a Gondomar a contemplar, o dia de Corpus Christi, as verdadeiras obras de arte das Asociacións que despois de meses de desfolle e moitas horas de traballo, expoñen as súas creación, que son verdadeiras obras de arte. É por todo iso que o Concello de Gondomar no marco de apostar polas nosas tradicións e conservar a nosa cultura, convoca ás axudas para as Asociacións ou Entidades sen ánimo de lucro, interesadas na participación da confección das Alfombras Florais do Corpus do Concello de Gondomar 2025
DATAS, HORARIOS , LOCALIZACIÓN E MEDIDAS
A confección das Alfombras Florais en Gondomar levarase a cabo a tarde-noite do sábado 21 ao domingo 22 de xuño de 2025.
Ás 17:30 h procederase ao corte de tráfico rodado nas rúas que conten con elaboración de Alfombras Florais.
A partir das 18:00h pode dar comezo o pintado do deseño das Alfombras Florais. A elaboración das tradicionais Alfombras de Corpus contará coas seguintes localizacións e referencias aproximadas:
- Rúa Manuel Losada A: esquina 4Camiños – Cafetería Cristaleiro. 40m. de longo x 3m. de ancho. 120m2.
- Rúa Manuel Losada B: Cafetería Cristaleiro – Final paso peóns. 40m. de longo x 3m. de ancho.120 m2
- Rúa San Bieito : Centrada zona Administración Lotería. 40m. de longo x 3,5m. de ancho. 140 m2
- Rúa Eduardo Iglesias A : Paso peóns Xuntos – Ferretería 45 m. longo x 4 m. de ancho. 180 m2
- Rúa Eduardo Iglesias B: Paso de peóns Copena – Farmacia. 40 m. longo x 3,80 m. de ancho. 152 m2
- Rúa Ángel Urzáiz : Farmacia – Abanca – Óptica 45m. longo x 3,40 m. de ancho. 153 m2
- Praza Paradela. 120 m2 8) Rúa Párroco Mariño A: Librería Plaza – Canellón. 30m. de longo x 4m. de ancho.120 m2 9) Rúa Párroco Mariño B: Canellón – Calzados Parada. 30m. de longo x 4m. de ancho.120m2 10)Rúa Párroco Mariño C: Aprehendo – Bar Gondomar. 30m. de longo x 4m. de ancho.120m2
REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
A participación está aberta a todas as Asociacións Veciñais, Culturais, Xuvenís, Deportivas, Clubes, Entidades, etc. do Concello de Gondomar que se atopen perfectamente constituídas e que non aceden fin lucrativo coa actividade a realizar. A participación implica a aceptación destas bases. As alfombras deberán levar como mínimo un 70% de flor e ata un 30% de outros materiais que deben cumprir os seguinte requisitos:
• Os materiais no deberán poñer en risco o paso das persoas por encima da alfombra. • Os materiais non deben ser esvaradíos. • Só se poderán empregar material biodegradables. • Deberase evitar o uso de pinturas que afecten ao estado e conservación do pavimento onde se realiza a alfombra.
Contía
Co obxectivo de garantir a maior equidade entre todos os participantes e asegurar unha distribución xusta e equilibrada dos recursos municipais destinados a esta actividade, que ascenden a 9.415 €, o Concello de Gondomar establece un criterio uniforme para a asignación económica correspondente á elaboración das alfombras florais. Dada a diversidade nos tamaños das alfombras presentadas, e co fin de recoñecer de forma proporcional o esforzo e os recursos investidos, estipúlase un valor económico de 7€ por metro cadrado. Este valor servirá como base para calcular a achega económica que recibirá cada participante, en función da superficie total da alfombra realizada.
Prazo
O prazo de presentación das solicitudes rematará o 30 de abril ás 23:59h.
Máis información
Consulta a BASES PARA A ELABORACIÓN DE ALFOMBRAS FLORAIS NO CONCELLO DE GONDOMAR 2025
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.