A Deputación de Pontevedra busca apoiar festivais musicais e de artes escénicas na provincia, promovendo a cultura galega, a lingua galega e a dinamización artística.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Asociacións sen ánimo de lucro que:
- Teñan domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
- Estean inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia no ámbito territorial da provincia.
- Desenvolvan a súa actividade principal na provincia de Pontevedra.
- Estean ao corrente das súas obrigas tributarias.
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas.
- Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.
Requisitos das actividades subvencionables
O festival debe ter celebrado un mínimo de 3 edicións consecutivas nos últimos 4 anos.
- No caso dos festivais musicais, deben ter unha duración mínima de dúas xornadas e contar con polo menos 8 grupos, 4 deles galegos.
- Para festivais de artes escénicas, deben incluír un mínimo de 8 compañías, 4 delas galegas.
- A programación e as comunicacións deben fomentar o uso da lingua galega.
- Levarse a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.
- Incluír na programación actividades paralelas de posta en valor do sector musical galego ou de formación musical ou do sector teattral galego e de formación.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Alugueiro de infraestruturas, equipos e espazos.
- Contratación de servizos técnicos e profesionais.
- Gastos de xestión de concertos e espectáculos (licenzas, dereitos de autor, sistemas de entrada).
- Publicidade e difusión.
- Cachés de artistas e compañías.
- Gastos de seguridade e medidas hixiénico-sanitarias.
Gastos NO subvencionables
- Funcionamento ordinario da entidade (alugueres, consumos básicos, impostos, etc.).
- Salarios ou retribucións dos membros da entidade promotora.
- Investimento en equipamento ou material patrimonial.
- Gastos de protocolo ou festivos (cócteles, degustacións, etc.).
Contía
A axuda cubrirá ata o 75% do orzamento do proxecto. Se concederá tendo en conta os seguintes criterios de valoración.
Prazo
Presentación de solicitudes ata o 26 de marzo.
Máis información
Consulta:
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.