AXUDAS REDE EUSUMO 2025

 Se a túa entidade está na rede EUSUMO e quere promover o cooperativismo e a economía social, esta axuda é para tí!     

                                                                                                                                                                                                                                                                             

A finalidade desta axuda é a promoción, visibilización e desenvolvemento da economía social a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando o espírito emprendedor e a creación e consolidación de emprego.

Beneficiarios  

Poderán ser beneficiarias, sempre e cando cumpran as condicións e os requisitos establecidos:

  • As asociacións de entidades de economía social.
  • Os concellos de Galicia, as áreas metropolitanas, as mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
  • As cámaras de comercio.
  • As universidades.
  • As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

Requisitos adicionais:

  • Con respecto a entidades, asociacións, fundacións e organizacións dos diversos tipos, deberán estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes, así como estar ao día no cumprimento de obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros.
  • As entidades locais deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das das contas xerais de cada exercicio.
  • Ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición dun convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
  • Estar ao día nas obrigas tributarias e de Seguridade Social, así como non ter débedas coa Administración pública galega.
  • Non figurar ninguna entidade en máis dunha solicitude individual.

Actividades subvencionables

As actividades financiadas deben estar dirixidas á promoción e impulso da economía social, especialmente nos seguintes ámbitos:

  1. Actividades xerais de promoción da economía social:
    • Charlas, xornadas, conferencias e visitas formativas (mínimo 2 ou 4 horas segundo o caso).
    • Elaboración e difusión de estudos, informes e materiais didácticos inéditos.
    • Celebración de encontros e networking entre entidades de economía social (mínimo 2 horas).
    • Asesoramento e acompañamento a grupos promotores ou entidades xa existentes (mínimo 7 horas).
    • Formación específica en economía social (mínimo 20 horas e 10 participantes).
    • Organización de eventos como feiras, mostras e congresos.
  2. Actividades en sectores estratéxicos da economía social:
    • Economía dos coidados.
    • Agroalimentación e produtos locais sostibles.
    • Economía circular e xestión de residuos.
    • Enerxías renovables e transición enerxética.
    • Industrias culturais.
    • Aplicación de novas tecnoloxías e intelixencia artificial.
    • Transporte e mobilidade.

Contía 

A subvención cubrirá ata o 80 % dos gastos necesarios para a realización das actividades.

Límite máximo por entidade beneficiaria: 120.000 € por anualidade (con posibilidade de incrementar ata 70.000 € adicionais se hai remanentes de crédito).

Límites específicos por actividade

Prazo 

Dende o 8 de febreiro de 2025 ata o 7 de Marzo.

Máis información

Consulta a  (enlace a la orden)

Acceder ao procedemento de tramitación:

  •  Código de procedemento 

TR811A

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *