AXUDAS PARA PROXECTOS DE COOPERACIÓN CULTURAL EN ZONAS RURAIS

Ata o 01 de xullo se tes unha idea cultural que une, transforma e medra dende o territorio, este é o teu momento. As Axudas para proxectos de cooperación cultural en zonas rurais buscan iniciativas que aposten pola innovación compartida, o traballo en rede e a participación cidadá. Xuntas, pequenas accións poden cambiar o mapa cultural do rural galego. Solicita a túa axuda e forma parte do cambio.

A finalidade das subvencións é a posta en marcha de proxectos de cooperación cultural en zonas rurais que fomenten a innovación colaborativa e a creación de alianzas, e representen unha contribución relevante e significativa ao desenvolvemento do ecosistema cultural territorial, á vez que faciliten a participación cidadá.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Estas axudas están dirixidas a persoas xurídicas privadas, con ou sen ánimo de lucro, así como a persoas físicas que exerzan unha actividade profesional e estean inscritas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, que se comprometan a realizar proxectos e actividades de forma colaborativa.

PROXECTOS SUBVENCIONABLES

Poderán solicitarse subvencións ao abeiro desta convocatoria proxectos culturais que cumpran os seguintes requisitos:

  • Deberán ser realizados en colaboración por empresas e/ou entidades sen ánimo de lucro, así como por persoas físicas que desenvolvan unha actividade profesional e estean inscritas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, de polo menos tres comunidades autónomas diferentes. Para avaliar a súa elixibilidade, terase en conta o domicilio social de cada entidade.
  •  Deberán ser realizados en zonas rurais, é dicir: Concellos cunha poboación inferior a 30.000 habitantes e unha densidade inferior a 100 habitantes por km2.

En calquera caso, poderán participar os concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, independentemente da súa densidade de poboación.

  • Poderán participar entidades que non estean radicadas no medio rural definido anteriormente, sempre que o proxecto se realice en concellos incluídos no apartado anterior.

Os proxectos deben desenvolverse entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2026.

GASTOS SUBVENCIONABLES 

  • Considerarase que os gastos foron realizados se foron realmente pagados antes de que finalice o prazo de xustificación.
  • Poderán ser subvencionables os gastos financeiros, os gastos de asesoramento xurídico ou financeiro, os gastos notariais e rexistrais e os honorarios de expertos para a execución do proxecto subvencionado e os gastos administrativos específicos se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son esenciais para a súa adecuada preparación e execución.
  • Custos indirectos asociados ao desenvolvemento da actividade. A fracción imputada non poderá superar o 25 % da contía subvencionada, nese caso dita fracción non requirirá xustificación adicional, senón declaración de conformidade por parte do beneficiario.
  • Cando a subvención se conceda para financiar investimentos ou gastos de distinta natureza, a convocatoria ou a resolución de concesión poderá establecer a compensación duns conceptos con outros.

CONTIA

A cantidade total máxima outorgada a cada grupo beneficiario será de 120.000 €. Esta cantidade non poderá superar o 80 % do custo total do proxecto.

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentacion da solicitude ata o 01 de Xullo do 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulte

Extracto de la Resolución de la Secretaría de Estado de Cultura, de 29 de mayo de 2025, por la que se convocan ayudas en concurrencia competitiva para proyectos de cooperación cultural en el medio rural

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *