AXUDAS PARA PROXECTOS COLECTIVOS FINANCIADOS POLO FONDO EUROPEO MARÍTIMO, DE  PESCA E DE ACUICULTURA

Prazo pechado!! Grazas a FEMPA, se eres unha asociación ou confraría relacionada co mundo da pesca, tes aquí as subvencións do teu interese.
Obxecto

Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMPA, para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables.

Beneficiarios e requisitos

 Poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes entidades, sempre que teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Confrarías de pescadores e federacións destas. 

b) Organizacións de produtores pesqueiros.

c) Entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro.

d) Entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente  polas sinaladas na letra a).

Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades nas que concorra algunha das seguintes circunstancias: 

  1. As sinaladas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  2. As persoas incursas nas circunstancias previstas no artigo 13, números 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  3. As que se atopen nalgún dos supostos establecidos no punto 1, letras a) e b), e punto 3 do artigo 11 do Regulamento (UE) 2021/1139, do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo.
  4. As que non cumpran coas obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 ou as obrigas e constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.
Accións subvencionables

Serán subvencionables as seguintes actuacións:

  1. Actuacións de restauración da biodiversidade.
  2. Actuacións de restauración dos ecosistemas mariños incluídos bancos naturais, zonas de cría e reprodución das especies.

 Non serán obxecto de subvención aqueles proxectos que non sexan técnica ou economicamente viables nin as accións que resulten financiables segundo outras liñas de axudas convocadas pola Consellería do Mar, nin os labores propios da actividade pesqueira ou marisqueira ordinaria nas zonas de actuación propostas no proxecto.

Gastos subvencionables

Poderán concederse subvencións para os seguintes gastos, sempre que sexan necesarios para a execución dos proxectos:

a) Os de redacción do proxecto técnico cando este resulte exixible pola normativa aplicable e sempre que a actuación a que se refira resulte subvencionable.

b) Os de contratación de empresas, profesionais ou entidades prestadoras de servizos para realizar algunha das seguintes accións: 

  1. Limpezas, remocións ou emendas do substrato.
  1. Dragaxes, achegas ou traslados de áridos.
  1. Eliminación de obstáculos que modifican as correntes.
  1. Prevención, control e eliminación de especies exóticas invasoras.
  1. Rareos, traslados ou sementeiras de especies marisqueiras.
  1. Outras actuacións que contribúan á consecución dos obxectivos da orde referidos no artigo anterior

c) Os de adquisición de equipos e material necesario para desenvolver as accións descritas no punto anterior. Os que teñan un importe igual ou superior a 3.005,06 € serán considerados coma bens de investimento e, por tanto, non se subvencionarán.

 d) Os de adquisición de semente de especies marisqueiras autóctonas, coas seguintes condicións.

e) Ata un 20 % do orzamento do proxecto poderá destinarse a labores de restauración da biodiversidade realizadas directamente polas persoas con permiso de explotación marisqueira en vigor asociadas da entidade solicitante, sempre que non sexan labores propias da actividade marisqueira ordinaria, de acordo co establecido no artigo 6.3

Non serán subvencionables:

Non serán subvencionables os gastos relativos a: 

  1. Alugamentos.
  2. Adquisición de terreos e inmobles. 
  3. Adquisición de material, mobiliario e equipamento de oficina
  4. Adquisición de vestiario e equipamento persoal. 
  5. Aparellos e materiais de pesca e marisqueo.
  6. Gastos de funcionamento, mantemento e conservación dos bens e equipamentos. 
  7. Gastos de manutención, desprazamento de persoas e representación.
  8. Imposto sobre o valor engadido (IVE), excepto cando non sexa recuperable e sexa custeado de forma efectiva e definitiva por beneficiarios que non teñan a condición de suxeito pasivo.
  9. Modernización ou acondicionamento de maquinaria, instalacións, locais, equipamentos, elementos auxiliares ou calquera outro tipo de ben, comprendidos en proxectos de investimento cuxo financiamento se realizase con axudas públicas, durante os cinco anos inmediatamente anteriores á solicitude. 
  10. Custos indirectos.
  11. Calquera gasto que, de acordo coa normativa aplicable, resulte ser non subvencionable.
Incompatibilidades e concorrencia

Será compatible con calquera outra axuda, subvención ou recurso público e privado, sempre que o mesmo gasto ou investimento non teñan financiamento parcial ou total procedente doutro fondo EIE ou instrumento financeiro comunitario, nin polo mesmo fondo conforme un programa ou medida diferente e, ademais, que o importe acumulado das axudas non exceda o custo da actividade subvencionada.

No suposto de que a suma de todas as axudas supere os devanditos límites, procederase por resolución do órgano concedente á minoración da axuda concedida.

Criterios de valoración

Conforme o sinalado no documento dos criterios de selección para a concesión de axudas do programa do FEMPA, para a valoración das solicitudes utilizaranse catro categorías de criterios de selección: xerais, horizontais, ambientais e sociais, específicos de viabilidade técnica e/ou económicos, e, por último, específicos por tipo de actividade.

Se queres saber máis acerca destes criterios clica nesta ligazón.

Contía

O importe máximo subvencionable por proxecto será de 75.000 € (sen IVE) e o importe máximo da axuda concedida por persoa traballadora será de 10 €/hora por efectivo.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 13 de xullo de 2024 e rematará o 12 de agosto de 2024.

Máis información

Consulta a ORDE do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables

Acceso ó trámite de procedemento

       Código de procedemento: PE209B

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *