AXUDAS ENMARCADAS NO PROGRAMA INICIATIVA XOVE 2025

Ata o 6 de junio! tes entre 18 e 30 anos e queres participar activamente na túa comunidade?
A Xunta de Galicia pon en marcha un novo programa de axudas para im pulsar a implicación da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural. Se tes unha idea ou queres formar parte dun proxecto que mellore a calidade de vida e o benestar xuvenil, esta é a túa oportunidade.
Consulta toda a información aqu!! Non perdas esta ocasión de facer valer a túa voz!

A finalidade destas subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz das persoas novas no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o seu benestar a través de proxectos integrais e específicos de actuación nas áreas establecidas

ENTIDADES BENEFICIARIAS

  1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten sexa diferente do que presenten, de ser o caso, as asociacións xuvenís ou entidades prestadoras que formen parte da federación.
  2. Os grupos informais de persoas mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil 

Requisitos:

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas, no momento de presentación da solicitude, no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude

2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 persoas mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificadas. Unha destas persoas asumirá o papel de representante do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Así mesmo, deben presentar unha declaración responsable asinada por cada integrante do grupo onde conste o compromiso de execución asumido por cada un deles, expresado en porcentaxe, segundo o modelo establecido como anexo XI.

Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude e non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.

3. Non se admitirá que unha mesma persoa forme parte ou pertenza a outro grupo ou asociación solicitante destas axudas.

4. É requisito para ser persoa beneficiaria destas axudas non estar incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Só se poderá presentar un proxecto por solicitante.

PROXECTOS SUBVENCIONABLES

  1. O orzamento total do proxecto non poderá ser superior a 5.000 €.
  2. O proxecto deberá levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. No caso daqueles proxectos que, para o seu desenvolvemento, indiquen que precisan formación, acreditarase suficientemente que as persoas docentes están cualificadas para impartir a dita formación, para o que se xuntará o seu currículo, ademais da correspondente documentación acreditativa. 
  4. Calquera das actividades desenvolvidas serán de carácter gratuíto para as persoas destinatarias do proxecto e non poderán xerarse ingresos por pagamento de cotas, entradas ou outros de similar natureza.
  5. As actividades que constitúen o obxecto do proxecto deberán realizarse de forma directa pola entidade ou grupo beneficiario e non poderán ser subcontratadas.
  6. Non serán subvencionables as actividades que consistan na celebración de concertos ou festas, excepto cando estas formen parte dos proxectos e iniciativas xuvenís subvencionables cunha entidade menor no seu conxunto. Neste caso, xustificarase a súa necesidade e oportunidade dentro do desenvolvemento do dito proxecto e iniciativa xuvenil que se vai subvencionar.

Serán excluídos aqueles proxectos que non se axusten ao obxecto e finalidade destas axudas recollidos no artigo 1.

Quedan excluídos, para os efectos da axuda, os proxectos docentes e deportivos previstos nos plans regulados de ensino e deporte escolar e federativo.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubitado respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2025.
  • No anexo III (proxecto de iniciativas xuvenís) recollerase a relación de gastos subvencionables, explicando, o máis detalladamente posible, os gastos incluídos no cadro de orzamento e a súa desagregación por conceptos, vinculando cada concepto coas actividades programadas.
  • Os gastos ordinarios de funcionamento das entidades solicitantes só serán subvencionables cando estean asociados co proxecto e recollidos no orzamento de gastos do dito anexo III. 
  • O importe total de gastos de manutención, como as comidas, os servizos de restauración ou a compra de produtos alimenticios, non poderá superar o dez por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. 
  • O importe total de gastos en alugueiro de espazos e equipamento non poderá superar, en conxunto, o corenta por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.
  • No caso dos premios que se outorguen nos concursos ou competicións previstos no proxecto e dos obsequios para persoas que teñan colaborado no desenvolvemento dalgunha actividade, estes deberán incluírse no seu orzamento. O límite para os gastos por este concepto será do dez por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.
  • Para os gastos de desprazamento das persoas membro da entidade ou do grupo informal o límite será do dez por cento do orzamento do total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

O límite non se aplicará aos gastos de desprazamento das persoas destinatarias do proxecto durante a execución das actividades.

  • Será subvencionable a adquisición de equipamento e material non inventariable.
  • Poderán ser subvencionados os gastos de persoal laboral correspondentes ás horas dedicadas directamente ás actividades do proxecto.

Non poderán ser subvencionados os gastos correspondentes a honorarios ou remuneracións de calquera clase á entidade ou ao grupo informal beneficiario, ou a calquera dos seus membros. Así mesmo, non poderán ser subvencionados os gastos que sexan facturados por provedores cos cales teña vinculación directa a entidade ou o grupo informal beneficiario, ou calquera dos seus membros.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Para acceder á axuda requirirase unha puntuación mínima de 50 puntos na avaliación dos proxectos.

A Comisión de Avaliación aplicará os seguintes criterios e baremos para a valoración das solicitudes, cun máximo de 100 puntos:

  1.  Calidade do contido do proxecto e das actividades: ata 20 puntos.
  1.  Calidade do deseño do proxecto e metodoloxía: ata 20 puntos.
  1.  Número de áreas de actuación das sinaladas no artigo 2 a que se adecúa o proxecto: ata 15 puntos.
  1.  Grao de implicación activa das persoas promotoras do proxecto: ata 15 puntos.
  1.  Creatividade, innovación e orixinalidade do proxecto: ata 10 puntos.
  1. Persoas destinatarias do proxecto, onde se valorará positivamente que as actividades estean dirixidas a persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos: ata 5 puntos.
  1. Vocación de permanencia do proxecto no tempo, de cara a favorecer a empregabilidade, o emprendemento, e o cooperativismo: ata 5 puntos.
  1. Grao de difusión e visibilidade das actividades do proxecto: ata 5 puntos.
  1. Emprego da lingua galega no desenvolvemento das actividades do proxecto, nos materiais escritos e audiovisuais que se elaboren e nas canles de difusión utilizadas para dalo a coñecer: ata 5 puntos.

CONTÍA

A contía da axuda concedida será igual á contía do orzamento do proxecto. En consecuencia, financiarase a través do programa Iniciativa Xove o cento por cento do proxecto. O orzamento non poderá superar os 5.000 euros

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes do ata o 6 de Junio de 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulte

ORDE do 21 de abril de 2025 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio de 2025

Código de procedemento BS306B

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *