AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES

Ata o 28 de maio podes solicitar as axudas destinadas a asociacións de mulleres e ás súas federacións. Se traballas có movemento asociativo feminino e queres impulsar a súa participación activa isto interesaché!

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2025, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos, as condicións e as obrigas previstos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións.

Requisitos:

  1.  Ter domicilio social en Galicia.
  2.  Estar legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
  3.  Estar inscritas na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). Este requisito será verificado de oficio pola unidade de Igualdade instrutora do procedemento.
  4.  Ter presentado a memoria de actividades, relativa a actuacións de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia contra as mulleres, antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, relativa a, como mínimo, un dos últimos anos, desde o ano 2021 ao 2024, no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
  5. Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural, laboral e social. Estes fins e obxectivos deberán estar recollidos nos estatutos da asociación ou federación ou desprenderse da súa actuación xeral.
  6.  As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas físicas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.
  7.  Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da entidade interesada.

ACCIÓNS  SUBVENCIONABLES

  1.  Liña 1: consolidación do movemento asociativo. Comprenderá as actuacións de mantemento e funcionamento ordinario da entidade solicitante, xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambos os dous incluídos.
  1.  Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025, ambos os dous incluídos, e que respondan a algunha das tipoloxías 

Cada entidade só poderá presentar unha solicitude de axuda na liña 2 de actividades singularizadas que se correspondan con unha das catro tipoloxías descritas.

GASTOS SUBVENCIONABLES 

Na liña 1:

  1.  Gastos de alugamento do local destinado a sede social da asociación ou federación.
  2.  Gastos de administración xeral e material funxible de oficina, material informático non inventariable, gastos de correo e outros análogos.
  3.  Gastos de persoal administrativo contratado pola asociación ou federación que comprenderá as retribucións salariais, incluídas as pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade beneficiaria.
  4.  Gastos ocasionados por obras de conservación e mantemento, e pequenas reparacións que non teñan o carácter de inventariables, por non implicaren incremento do valor patrimonial da sede social.
  5. Asesoramento xurídico, fiscal e contable da asociación ou federación.
  6.  Gastos derivados do mantemento do local da sede social, que comprenderá luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.
  7.  Gastos de seguros de responsabilidade civil e de seguros multirisco.
  8. Gastos de instalación e mantemento de liñas de acceso á internet, mantemento de equipamentos informáticos e creación ou mantemento da páxina web da asociación ou federación.

Na liña 2:

  1. Os gastos do persoal contratado especificamente para o desenvolvemento das actuacións e actividades para as cales se solicita axuda.
  2. Gastos das persoas relatoras, que comprenderá os honorarios, o aloxamento, o transporte.
  3. Gastos derivados da elaboración ou adquisición de materiais e publicacións específicas para o desenvolvemento da actividade que se vaia subvencionar; gastos de publicidade e difusión da actuación, así como o material de oficina necesario para a súa realización.
  4. Outros gastos correntes directamente derivados da realización da actuación e actividade subvencionada que estean perfectamente xustificados e se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento, como o servizo de atención a menores e outros, ou gastos derivados da realización das actividades en liña ou telemáticas.

En ningún caso serán subvencionables gastos de protocolo ou representación como os gastos de comidas e gastos de agasallos.

Para os efectos destas axudas, non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.

CONTIA

Liña 1: A contía máxima da axuda que se pode conceder na liña 1 ao abeiro desta convocatoria é de 5.000,00 €.

Liña 2: A contía máxima da axuda que se pode conceder ao abeiro desta liña é de 6.000 €.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  1.  Criterios comúns ás dúas liñas:
  • a) Polo número de mulleres asociadas cando se trate de asociacións ou, no caso de federacións, polo número de entidades que a compoñen, ata un máximo de 20 puntos
  • b) Achega de fondos propios para o mantemento e/ou funcionamento da entidade e/ou para o desenvolvemento das actividades da liña 2: ata un máximo de 15 puntos 
  • c) Polo compromiso de coordinación da entidade no territorio: 3 puntos. 
  • d) Participación da entidade como votante e/ou como candidata no proceso de renovación de vogalías, de conformidade coa Orde do 19 de setembro de 2018 pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de renovación das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres: 2 puntos
  • e) Polo alcance da xustificación da axuda concedida ao abeiro da Resolución do 1 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres valorarase ata 10 puntos

1.2.  Criterios específicos para a liña 1

1.3. Criterios específicos para a liña 2

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 28 de maio del 2025

Máis información

Consulta:

ORDE do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Código de procedemento : SI437A

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *