Obxecto
Destinar axudas, en concorrencia non competitiva, aos promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten a un monumento, conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados.
Beneficiarios e requisitos
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas os empresarios (persoas físicas ou xurídicas) e as persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas desenvoltas en bens inmobles de titularidade privada, sempre que non se atopen en ningún dos supostos dos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e que cumpran os seguintes requisitos:
- Que as actuacións arqueolóxicas estean autorizadas e fosen realizadas desde o ano 2017 en diante e estean finalizadas a día 13 de maio de 2024..
- Que as actuacións se desenvolvesen conforme os proxectos arqueolóxicos presentados e se cumprisen as obrigas de responsabilidade da dirección, de acordo co establecido no Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que se acredite a presentación e a entrega dos correspondentes informes valorativos ou das memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais de acordo co Decreto 199/1997.
Accións subvencionables e excluídas
Quedan comprendidas no ámbito da presente orde as intervencións arqueolóxicas enunciadas no artigo 95 da citada Lei 5/2016, debidamente autorizados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Quedan excluídas:
- As actividades arqueolóxicas promovidas por particulares derivadas das medidas protectoras, correctoras e compensatorias establecidas nos plans, programas e proxectos con incidencia sobre o territorio.
- As actuacións que, a data de 13 de maio, xa foron obxecto de indemnización pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude por sentenza xudicial, ou subvencionadas en anteriores convocatorias pola presentación e a entrega das correspondentes memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais.
- As intervencións arqueolóxicas respecto daquelas obras obxecto de sanción en materia do patrimonio cultural, ou que deriven da tramitación ou resolución dun procedemento sancionador.
- E, en todo caso, se o promotora da obra é unha Administración pública ou concesionario ou se os bens inmobles obxecto da actuación son públicos.
Financiamento e contía
A contía global destinada a estas axudas ascende a cincuenta mil euros (50.000,00€).
Consistirá nunha subvención que se perciba por unha soa vez por persoa beneficiaria e obra, coas seguintes contías:
- O 50% dos custos da execución do proxecto arqueolóxico autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e co límite de 20.000,00 € por proxecto.
- O 20% dos custos da execución do proxecto arqueolóxico autorizado, e co límite de 8.000,00 €, no caso da presentación e a entrega tan só dos correspondentes informes valorativos.
Esta contía poderá ser ampliada nos termos previstos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia.
O importe das subvencións percibidas para cada intervención arqueolóxica non poderá ser, en ningún caso, de tal contía que illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados supere o custo da actividade subvencionada.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 14 de maio de 2024 e rematará o 13 de xuño de 2024.
Máis información
Acceso ó código de tramitación:
Código de tramitación: CT104B
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.