AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN (EI) E AS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS

Ata o 30 de setembro, se es unha empresa de inserción, pode ser de interese esta axuda para os custos salariais dos traballadores en situación ou en risco de exclusión social! Infórmate aquí!

Este programa ten por obxecto subvencionarlles parcialmente ás empresas de inserción os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social.

Beneficiarios

Empresas de inserción que contraten persoas en risco ou situación de exclusión social.

PROGRAMA IV

Actividades subvencionables

  •  Este programa ten por obxecto subvencionarlles parcialmente ás empresas de inserción os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social
  • Os contratos deberán formalizarse por escrito, ter unha duración entre 6 meses e 3 anos, e ter unha  xornada mínima do 50% da establecida no convenio colectivo de aplicación.
  • A persoa seleccionada deberá aceptar o itinerario de inserción 

Contía

A contía da subvención será equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual por cada persoa traballadora subvencionable, incluídas as pagas extraordinarias dos meses de decembro e xuño.

Esta contía será proporcional á duración da xornada de traballo.

PROGRAMA V

Actividades subvencionables

a) Asistencia técnica para creación ou mellora da EI.

b) Inicio e posta en marcha da actividade.
 

c) Creación/ampliación de postos de traballo.
 

d) Contratación de xerentes/técnicos de produción.

e) Técnicos de orientación/acompañamento á inserción.
 

f) Formación para persoas en inserción.


g) Mediación laboral

Contía

A contía desta subvención será equivalente ao 80 % del custo total dos servizos, cos límites seguintes:

a) Estudos de mercado, estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e labores de asesoramento e consultoría: máximo de 6.000,00 €. 

b) Auditorías contables: máximo de 1.500,00 €. 

c) Auditorías sociais: máximo de 1.500,00 €. 

d) Certificacións de calidade: máximo de 1.000,00 € para a certificación e de 1.000,00 € para la implantación.

Prazo

Ata o 30 de Setembro

Máis información

Consulta a ORDE do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N, TR341M, TR341V, TR356A e TR356C).

Códigos de procedemento: TR356A E TR356C

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *