AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS E PRIVADAS DEPENDENTES DE INSTITUCIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

Xa está aberta ata o 31 de xullo a convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para apoiar o funcionamento destas escolas durante o primeiro semestre de 2025. Tes unha escola de música vinculada a unha asociación ou fundación sen ánimo de lucro? Se a túa entidade promove a formación musical e cumpre cos requisitos, podes solicitar ata 9.000 € para cubrir gastos docentes, nóminas, materiais e moito máis.

A finalidade desta axuda é apoiar economicamente o funcionamento das escolas de música públicas e privadas sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o período do 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2025, co obxectivo de fomentar a formación musical non regrada dirixida ao público en xeral. Preténdese garantir a continuidade das actividades docentes destas escolas, que desempeñan un papel fundamental na difusión da cultura musical, na preparación de alumnado con vocación e no acceso á formación artística en todo o territorio galego.

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán solicitar estas axudas as persoas titulares das escolas de música que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

  1.  Escolas de música públicas das cales sexan titulares os concellos.
  1.  Escolas de música privadas dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais.

Exclusions

Non poderán ter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as corporacións locais ou institucións sen ánimo de lucro en que se dea algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

GASTOS  SUBVENCIONABLES

Esta axuda está destinada a cubrir os gastos derivados do funcionamento ordinario das escolas de música durante o primeiro semestre de 2025.

Todos estes gastos deben estar xustificados con facturas, nóminas e documentos de pago, e deben corresponder ao período subvencionable (1 de xaneiro – 30 de xuño de 2025).

CONTIA

En calquera caso, a contía máxima da axuda por entidade beneficiaria non poderá superar a cantidade de 9.000 euros.

Tanto para as escolas privadas como para as públicas.

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes ata o 31 de xullo del 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta:

ORDE do 26 de maio de 2025 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (códigos de procedemento ED314E e ED314D).

Tramitación: 

  • Escolas públicas titulares dos concellos  ED314E
  • Escolas privadas dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro ED314D

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *