AXUDAS A  CONTRATACIÓN, POR PARTE DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, DE MULLERES VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

A Xunta de Galicia convoca subvencións para a contratación, por parte das entidades sen ánimo de lucro, de mulleres vítimas violencia de xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de 12 mensualidades para mellorar e facilitar a súa inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.

A finalidade destas axudas é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu apoderamento, reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.

Entidades beneficiarias
  • As entidades sen ánimo de lucro con domicilio social en Galicia.
  • As cooperativas galegas sen ánimo de lucro segundo o disposto na disposición adicional cuarta da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que acrediten o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.
Requisitos da contratación
  1. Que sexan executadas polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa (contratación directa).
  2. Que a duración dos contratos sexa, como mínimo, de 6 meses.
  3. Que a contratación sexa para xornada de traballo a tempo completo ou a tempo parcial non inferior ao 50 %.
  4. Que a entidade beneficiaria dispoña de orzamento suficiente para asumir os gastos non subvencionables ao abeiro desta resolución, se for o caso. 
  5. Que se favoreza a formación e a práctica profesional das mulleres contratadas. 
  6. Que a súa execución ou prestación se realice nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Con independencia da duración do contrato, o período subvencionable non poderá exceder os 12 meses nin poderá prolongarse máis alá do 30 de setembro de 2024. 

Contía da axuda

O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial.

Poderanse subvencionar un máximo de  2 contratacións por entidade solicitante.

Prazo 

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de xullo.

Máis información

Consulta a RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023.

Acceder ao procedemento de tramitación:

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co departamento de Dinamización Comunitaria da Mancomunidade de Vigo, chamando ó teléfono 986 42 33 66 ou enviando un correo electrónico a obradoiro.emprego@maiv.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *