Achégase de novo este encontro con varias agrupacións de baile e asociacións, así como a Asociación Veciñal Socio Cultural e Deportiva O Freixo, organizado pola ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSUMIDORES E USUARIOS CENTRO SOCIAL CULTURAL RECREATIVO DE BEADE-VIGO
De seguido vos contamos a programación deste ano 2024:
- Sábado 1 de Xuño:
Ás 18.00 horas oficiarase a misa ofrenda da cereixa cantada pola masa coral do CSCR de Beade, que dará paso ás 19:00 horas ao Festival de Baile Moderno coas actuacións do Grupo de Baile Moderno C.S.C.R de Beade, Grupo de Sevillanas C.S.C.R de Beade, Centro de Danza Flashdance, Grupo de Baile Moderno Helios de Bembrive e Grupo de Baile Moderno O Fiadeiro.
A partir das 20.30 horas dará inicio o Encontro Folclórico coas actuacións de:
–Grupo de Baile Galego Semente da Arte Galega do C.S.C.R de Beade
–Grupo de Gaitas Arume do C.S.C.R. de Beade
–Grupo de Pandereteiras A Volta do Demo do C.S.C.R de Beade
–Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas
–Asociación Veciñal Socio Cultural e Deportiva O Freixo
- Domingo 2 de Xuño:
A xornada comezará ás 11.00 horas con pasarrúas a cargo da Banda de Cornetas, Gaitas e Tambores “Ría de Vigo” do CSCR de Beade e a recepción de autoridades.
Ás 11.30 horas dará inicio a degustación gratuita de cereixas e os concursos de calidade, derivados e transformación, presentación e repostería.
Ás 12.00 horas a formación Orquesta Kv2211 ofrecerá unha actuación, acto que dará paso á lectura do pregón da festa a cargo de Uxío Couto, e a continuación, entrega de premios aos gañadores dos concursos, á entrega de insignias aos socios máis antigos e á imposición das Cereixas de Ouro.
Ás 17.00 horas terá lugar o Concurso de Lanzamento de Carabuña e ás 18.45 horas, espectáculo teatral familiar a cargo de Ártica Cía.
Ás 20.00 horas terá lugar o fin de festa con Batea.
Para máis información deixámosvos o teléfono de contacto: 986 210 958 e se queredes saber máis acerca desta asociación tedes aquí a ligazón da asociación: https://voluntariadogalego.org/es/entidades/7990