Programa 2024
A popular Romaría do Pan de Millo, que se celebrará no parque forestal de Cotogrande (Becerreira), situado na parroquia viguesa de Cabral, terá lugar na xornada do domingo 25 de Agosto.
Durante a romaría, os presentes poderán adquirir este delicioso pan e degustalo acompañado de polvo á feira, sardiñas asadas e empanada.
A nota musical da festa estará a cargo, en horario de mañá, do Grupo Folclórico Helios de Bembrive e da Banda de Música As Delicias do C.C.R. Cabral.
A tarde estará animada polo Grupo de Canto Loureiro Verde do C.C.R. Cabral, o Grupo de Gaitas Cotogrande do C.C.R. Cabral e polo grupo musical vocal O Faro da Guia, que ofrecerá unha actuación estelar.
Os asistentes tamén poderán visitar nesta xornada unha nova edición da Mostra dos Produtos do Campo.