XXVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA 2025

Dende o 2 ata o 24 de abril! inscribete se che apaixona o teatro e queres coñecer a organización desde dentro, únete ao noso equipo de voluntariado e vive unha experiencia única.

O Festival

Redondela é un referente internacional que preserva e difunde o teatro de monicreques como patrimonio cultural universal.
Un espazo de convivencia e intercambio onde desfrutar e coñecer outras formas de expresión dramáticas relacionadas.

Queres formar parte do VOLUNTARIADO do Festival?

Estamos na procura de “leña verde” que queira axudar e desfrutar do Teatro,

  • Queres ser unha das persoas voluntarias no Festival?
  • Apetéceche coñecer a organización dende dentro e aportar o teu entusiasmo?

Ofrecémosche unha oportunidade para convivir e colaborar dunha maneira divertida e comprometida co festival.

Xuntanza formativa/organizativa: sábado 10 de maio (imprescindible asistencia)
Días de voluntariado no festival: 17 e 18 de maio (poderá ser por días)

Labores

Serán axudantes de produción e reixiduría dos escenarios de rúa, desenvolvendo pequenas tarefas como:

  • Atención ás compañías e ás súas necesidades.
  • Atención ás persoas espectadoras.

Inscríbete

Envíanos un correo cos teus datos a fitvoluntariado@gmail.com
– Inclúe: nome completo, idade (de 16 anos en diante), enderezo e dispoñibilidade, e dinos por que queres formar parte do equipo titiriteiro.
– Recepción de correos, do 2 ao 27 de abril.

Para máis información ou dúbidas: fitvoluntariado@gmail.com

Asociación Xente Titiriteira

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *