XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA

Programación pechada!! Aproxímase unha festa inesquecíble, onde os títeres non faltan e os nenos pásano en grande! Non cho perdas!

Un ano máis chega o Festival de Títeres a Redondela e este ano trae como novidade que estará repartido por distintos puntos do casco urbano. A súa XXV Edición se presenta con 13 escenarios nos que se representarán máis de 70 obras. Organizada pola Asociación Xente Titiriteira, nos confirman a presenza de compañías chegadas de moi diversos lugares do mundo, tales como, Arxentina, México, Alemaña, Holanda, Italia, Portugal e Francia. E, como sempre, unha ampla cantidade de espectáculos nacionais de varias Comunidades Autónomas e, por suposto, galegas. Este aniversario, as bodas de prata do festival, terá unha programación especial de rúa os días 17, 18 e 19.

Non podía faltar nesta edición, un personaxe creado por Pablo Pastor (ilustrador redondelán), como ven facendo dende o primeiro ano. Os carteis e artigos de merchandising, terán como imaxe a un simpatico caracol, que fará as delicias de nenos e maiores. e, é que se, este é un festival interxeneracional no que os que xa foron de nenos levan agora aos seus fillos. O obxectivo que se propuso para este cuarto de siglo é alcanzar os 40.000 espectadores e, na miña humilde opinión, estou segura de que así será.

A ubicación deste festival terá lugar no Edificio multiusos da Xunqueira e nesta ligazón deixámosvos información sobre este festival, así como a súa programación.

Máis información na seguinte ligazón: https://www.fitredondela.com/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *