XXIV FESTA DO XURELO EN CABRAL

Programación pecahada!! Cabral conta os días para lamber os dedos cunha das derradeiras festas gastronómicas do verán,este sábado, 7 de setembro, a Asociación de Veciños da Feira de Cabral organizará a vixésimo cuarta edición da Festa do Xurelo.Non cha perdas!

A cita se festexará no exterior da sede da asociación de veciños, na Rúa Riomao, número 21, e promete unha xornada chea de sabor, pero tamén de música e entretemento para todos os que se decidan  acercarse.

Gastronomía e Degustación

A degustación do xurelo  comezará a partires das 12:30 horas, cando os asistentes poderán desfrutar de diversas especialidades na elaboración que inclúen:

  1. -Xurelo Asado
  2. -Xurelo en Escabeche
  3. -Empanada de Xurelo, Carne, Bonito e Bacalao

Os produtos serán servidos por Panadería Molares, e tamén haberá disponible una selección de vinos, cafés e licores para acompañar a comida. Dende a organización recordan que para maior comodidade dos asistentes, haberá unha gran carpa con mesas e cadeiras disponibles para desfrutar da comida. Ademais, se ofrecerá aparcamento gratuito para todos os visitantes.

Actuacións musicais

A Festa do Xurelo contará cun variado programa de actuacións musicais e entretemento ao longo do día:

  • -11:30 horas: Pasarrúas polo Grupo de Bombos de Monçao.
  • -13:00 horas: Concerto da Banda de Música Unión Musical de Cabral.
  • -17:00 horas: Actuación de “Os Ferraias da Etea”.
  • -18:00 horas: Actuación de “Pandereteiras Xoltra” da Asociación de Veciños.
  • -19:00 horas: Concerto de “Robert Sax, o Rei do Saso”.
  • -21:00 horas: Gran actuación de “Antonio Barros”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *