XXI FESTA GASTRONÓMICA “AS DELICIAS DO PORCO EN COUSO, GONDOMAR

Programación pechada!! A Asociación Novos Aires de Couso organiza o domingo 11 de agosto coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Mano Común de Couso e o Concello de Gondomar, a XXI Festa Gastronómica “As delicias do porco”, no torreiro da festa da Virxe dos Remedios.

Nesta festa haberá variedades de tapas de porco sen reserva (zorza, lacón, orella, chourizos, xamón asado). As reservas para o porco ao espeto poden realizarse ata o 5 de agosto nos teléfonos 609 903 635 e 607 447 147.

Un porco enteiro, para 20 persoas aproximadamente, terá un prezo de 560 euros (inclúe 8 botellas de viño tinto e 4 botellas de viño branco, 4 botellas de auga, 2 empanadas, 2 roscas e pan). Medio porco, para unhas 10 personas, custará 280 euros (inclúe 4 botellas de viño tinto, 2 botellas de viño branco, 2 botellas de auga, 1 empanada, 1 rosca e pan). Un carto de porco, para 5 persoas, serán 140 euros (inclúe 2 botellas de viño tinto, 1 botella de viño branco, 1 botella de auga, 1 empanada, 1 rosca e pan).

O evento estará amenizado polo trío D’Líder.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *