A Asociación Veciñal e Cultural Pozovello organiza unha nova edición da Baixada de carrilanas que terán lugar o sábado 31 de Agosto en Arcade de Riba, e que será de gran arraigo tanto de nenos como de maiores. Gozará tamén dunha zona gastronómica.
Nesta edición volven bater todas as marcas de participación con 65 inscritos fronte aos 60 do ano pasado, ademais de estar considerada a proba federada máis popular. Rodríguez sinala que “tiveron que poñer un límite de competidores para poder levar a cabo o evento o mellor posible” e poder asumir o custe e magnitude que foi alcanzando a cita. O límite de participantes agora pecharase tódolos anos en 65. Estarán na proba, que forma parte do calendario da Federación de Deportes de Inercia de Galicia, bólidos chegados de diferentes puntos da comunidade como Esteiro, Ferrol, Vigo e tamén Soutomaior e bisbarra. Un 40% deses bólidos compite na federación de forma profesional e un 60% poden considerarse “amateurs”.
En canto aos horarios, ás 11.00 horas terán lugar as verificacións, ás 12.00 horas comezan os adestramentos e ás 17.00 horas dará inicio a baixada oficial. O percorrido da carreira comeza en Arcade, entre a Peneda e o barrio da Feixoeira, para completar un percorrido dun quilómetro en menos dun minuto, con velocidades punta de ata 90 km/h. Todo un espectáculo no que o ano pasado contaron con máis de 2000 espectadores no público.
Esta é unha cita moi agardada por todos os amantes destas carreiras de descenso de bólidos. Nas semanas previas organizáronse obradoiros para realizar as carrilanas ao estilo tradicional, aos que asistiron veciños de todas as idades. Estes talleres serviron para “guiar aos interesados en como facer unha carrilana que cumpla cos requisitos oficiais e sexa segura” e tamén para “facer canteira entre os máis pequenos” como nos explica Bruno Rodríguez da asociación Pozovello, que se amosa moi satisfeito coa boa acollida dos tallere.
A Baixada de Carrilanas de Arcade congrega cada vez a máis participantes e máis público, polo que a seguridade é tamén unha das premisas da organización. Rodríguez explica que todo o circuito está sinalizado, con barreiras de pneumáticos e pacas de palla nos lugares onde pode haber saídas dos pilotos. Os puntos máis perigosos do circuíto teñen prohibida a presenza de público, e desde a organización advirten da importancia de que os asistentes respecten estas medidas de seguridade. Os organizadores insisten en que o público debe respectar as indicacións.
Haberá premios para os tres primeiros en chegar ao final de cada categoría e consiste nun galardón coa forma do auto dos debuxos animados “Os Picapedras” en diferentes tamaños. Rematada a entrega de premios haberá música a cardo de DJ Chocolate e un stand gastronómico con churrasco, choripan e bebidas para os participantes e público en xeral. Tamén Terán á venda rifas para recadar fodos de cara á organicación do ano que vén.
Para aquelas persoas que non poidan asistir, este ano por primeira vez na historia da competición, farán unha retransmisión en streaming do evento que se pode ver na canle de Youtube do Concello de Soutomaior. “Dámoslle unha volta e tamén poremos pantallas por todo o circuíto cun técnico que retransmitirá toda a proba, algo que lel da outra dimensión aínda máis madura á Baixada de Carrilanas”.