XIII 10 KMS – ALFONSO MORO

Programación pechada!! O 8 de setembro, o Club ADN Runners-Telmo Perruqueiros organiza a XIII 10 Km do Berbés coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo e coa Asociación de Familias Personas con Parálisis Cerebral (APAMP).Se che gusta sair a correr xa tes aquí o evento que pode ser do teu agrado.

A proba terá lugar o domingo 8 de setembro no porto pesqueiro de Vigo con saída ás 10.00 horas e unha distancia de 10 kilómetros homologados pola RFEA nun circuito de dúas voltas de 5 kilómetros cada unha.

Poderán participar atletas federados e non federados.

O prezo de inscrición será dende 8,50 euros (ata o 31 de Agosto) e dende 11,50 euros (ata o 5 de Setembro).

Se che interesa inscribirte non dubides en clicar na seguinte ligazón.
E se queres coñecer máis sobre este clube deixámoste a ligazón da súa páxina web.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *