XI FESTA POPULAR

Programación pechada!! A Asociación cultural Froles Mareliñas e artistas da Asociación Traspés organizan en Chapela na Senda Verde unha festa o vindeiro 14 de setembro na que haberá ioga, sesión vermut, escolas de baile e gran verbena ao final do día. Non agardes e pásate xa!

Froles Mareliñas organizará un ano máis a Festa Popular onde tódolos participantes desfrutarán de multitude de actividades lúdicas para tódalas idades.

A festa terá lugar no barrio redondelano de Chapela o sábado 14 de Setembro e comezará as 11.30 horas cunha masterclass de ioga. Ás 12.30 horas dará comezo a sesión vermú (con degustación de mexilóns de balde con cada consumición) e ás 13.00 horas actuará o grupo de gaitas Froles Mareliñas. Ás 14.00 horas terá lugar o xantar con mexilóns, callos e pan (tamén haberá empanada, empanadillas, choripáns e bocadillos de tortilla).

Ás 17.00 horas actuará a Escola de Baile Start Danza e ás 18.00 horas as pandereteiras de Froles Mareliñas. Ás 19.00 horas haberá unha exhibición de bailes de salón e ás 20.00 horas comezará a gran verbena con grupo charanga e pandereteiros Traspés.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *