VII edición das Xornadas Videoxogo e Literatura

A Fundación Carlos Casares organiza a VII edición das Xornadas Videoxogo e Literatura.

Charlas, mesas redondas, debates, talleres...

Ao longo da historia, os videoxogos atoparon unha fonte de inspiración na narrativa máis tradicional, a literatura; pero isto tamén está a ocorrer á inversa: grandes tramas de moitos xogos, coas súas innovadoras estruturas narrativas, inflúen na mentalidade de cada vez máis escritores, amosándolles novos camiños e posibilidades para a presentación das súas historias.

Por outra banda, diversos estudos vinculan o uso de videoxogos coa mellora da lectoescritura, da creatividade, da empatía e da comunicación positiva, así coma do benestar mental na xente nova (e
non tan nova). O videoxogo serve como vía para introducirse na historia de xeito máis profundo e interactivo ca outras canles máis tradicionais.


Neste contexto, a Fundación Carlos Casares organiza a sétima edición das Xornadas Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal, que pretende ampliar o coñecemento público do sector, debullar as perspectivas de crecemento e a integración na cadea da cultural, apuntar os retos e os desafíos que enfrontan os seus profesionais e ofrecer, ademais, a posibilidade de interactuar coas figuras máis relevantes, dinámicas e prometedoras da industria do lecer interactivo en cada unha das súas especialidades.

Programa das VII Xornadas Videoxogo e Literatura 2025

Exposición paralela

“Bit a Bit. A evolución dos videoxogos”
📍 Espazo Anexo do MARCO
📆 Do martes 7 ao venres 10 de outubro
⏰ 17:00 – 21:00

Martes, 7 de outubro (Galería A3)

  • Exposición “Bit a Bit” (apertura)

Mércores, 8 de outubro (Galería A3)

  • Exposición “Bit a Bit”

Xoves, 9 de outubro (Galería A3)

11:00 → Mesa redonda “Do papel ao mando. A arte de contar historias”

  • Antonio Gil (USC)
  • Inés Alcolea (escritora, deseñadora narrativa e experta en márketing)

12:15 → Inauguración
12:30 → Descanso
13:00 → Mesa redonda “Visións sobre a industria do lecer interactivo”

  • Byron Caparrós (Área 60)
  • Iago Domínguez (Onente Gaming)

14:00 → Descanso para xantar

17:00 → Mesa redonda “Os indies en Galicia. Que pasa tras un lanzamento”

  • Carolina Nickele & Silvia Fernández (Gelatina tiene hambre)
  • Cristina Barreiro & José Carlos Montero (Alchemice)

18:00 → Taller “Como aplicar márketing ao deseño do teu videoxogo” (Parte I) – Inés Alcolea
19:15 → Descanso
19:45 → Taller “Como aplicar márketing ao deseño do teu videoxogo” (Parte II) – Inés Alcolea
21:00 → Fin da xornada

Venres, 10 de outubro (Galería A3)

17:00 → Faladoiro “Procesos de traballo no desenvolvemento de videoxogos”

  • Concepción González (Electronic Arts)
  • José Raluy (Electronic Arts)

18:15 → Pausa
18:45 → Taller “Música para videoxogos” (Parte I) – Denis Siks & SOTUI
19:45 → Taller “Música para videoxogos” (Parte II) – Denis Siks & SOTUI
21:00 → Fin da xornada

Sábado, 11 de outubro (Galería A3)

17:00 → Mesa redonda “Os xogos de mesa e o lecer interactivo”

  • David Gago (R.E.S.E.T.)
  • Pedro Meira (UDC, editorial Quimera)
  • Luis Miguel Nande (Criticals&Fails)

18:15 → Pausa
18:45 → Charla “Arte e Intelixencia Artificial. Como impacta a IA nos procesos artísticos” – Juan Carlos Abraldes
20:00 → Mesa redonda “Á marxe do videoxogo. Os outros universos do lecer interactivo”

  • Fátima G. Doval (Xunta de Galicia – proxecto Galiverso)
  • Camilo Franco (escritor, crítico e xornalista; director do Culturgal)
  • Ana Beatriz Sánchez (Asociación Xuvenil Ocionautas)

21:00 → Clausura das Xornadas

Síguelos nas suas redes para non perder as novidades!

Instagram: https://www.instagram.com/videoxogoeliteratura/

Twitter: https://x.com/LiteraturaXe

Facebook: https://www.facebook.com/XornadasVideoxogoeLiteratura

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UColuMmJ-gobVbuna06_FvUQ

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *