VIGO RESPIRA DEPORTE #BEACTIVE

Programación pechada!! Vigo liderará a nivel nacional a Semana Europea do Deporte, que desde 2015 se celebra nos vintesete países da Unión nunha data fixa: do 23 ao 30 de setembro.

O Concello de Vigo, como sede principal en España da edición de 2024, presentou o seu programa de actividades para a Semana Europea do Deporte (SED). Esta iniciativa da Comisión Europea, impulsada no noso país polo Consello Superior de Deportes (CSD), celébrase do 23 ao 30 de setembro en toda Europa e con ela se pretende impulsar a práctica deportiva e combater o sedentarismo nos países membros da Unión Europea.

O acto contou coa presenza do subdirector adxunto do Gabinete da Presidencia do CSD, Juan Martorell, quen destacou que o obxectivo é “implicar a todos os estamentos sociais para que realicen accións que fomenten a actividade física e bos hábitos alimentarios entre a poboación”.

Según os datos do CSD, “en 2023 celebráronse 36.000 actos que contaron coa participación de case 11 millóns de persoas”, recordou Martorell.

A Semana Europea do Deporte en Vigo

A cidade programou unha serie de actividades que terán como epicentro a Porta do Sol. O sábado 28 de setembro, dende as 10:00 ata as 22:30 horas, desplegarase un escenario dende o que os monitores dirixirán clases gratuitas de zumba, baile deportivo, baile caribeño, fit boxing e body combat.

Ademais, ofrecerase a posibilidade de practicar pickleball, tenis de mesa, fútbol, patinaxe, esgrima, escalada, axedrez ou bádminton. Tamén se realizará unha carreira popular de carácter non competitivo as 10:30 horas, con saída e meta na confluencia de Porta do Sol con Elduayen, que terá un percorrido de 4km.

Ese mesmo día, o Concello e o CSD homenaxearán aos deportistas vigueses polos seus éxitos nos Xogos de París 2024.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *