TRIATLÓN DESAFÍO ILLAS CÍES

A Asociación de Natación Augas Abertas de Galicia organiza unha nova edición desta travesía a nado, non competitiva o día 22 de setembro.

O Campionato Galego de Triatlón de Media distancia e Aquabike 2024 chega a Vigo.

  • DISTANCIA

-1.9 km Natación.
-90 Km Ciclismo.
-21 Km Carreira a pé.

  • RECOLLIDA DE DORSAIS E CHECK-IN DE MATERIAL
  • SÁBADO 21 de Setembro  de 16.00 a 20.00h
  • DOMINGO 22 de Setembro de 07.00 a 07.40

Recoméndase facer o Check-in o día anterior á proba, os Boxes estarán pechados e Vixilados polo Persoal de Seguridade Privada.

Presentar a Licencia ou DNI  será OBRIGATORIO.

Haberá habilitado un Gardaroupa ao carón da zona de Boxes

  • TOMA DE TEMPOS

Cronometraxe
•       O cronometraxe realizarase con dispositivos ChampionChip. Cada participante que non teña en propiedade o CHIP Amarelo recibirá un que deberá entregar para retirar a súa bici da transición ao rematar a proba.
•       O chip será obrigatorio durante toda a proba.

  • HORARIOS E TEMPOS DE CORTE

1.Horarios 

  • Saída Pro masculina: 8:15h
  • Saída Pro e grupos de idade  feminina: 8:17h
  • Saídas Grupos de idade masculinos: Haberá varias saídas en función da participación de cada grupo entre 8:19h e 8:25h

2.Tempos de corte 

  • Segmento natación: 1h
  • Segmento natación + ciclismo: 4h 35 min (Establécese un tempo de corte para a derradeira volta de bici as 3h45´) dende a  derradeira saída.
  • Segmento carreira a pé: Final Carreira: 15.00h
  • PREMIOS

Tódolos Finishers recibirán un REGALO CONMEMORATIVO da proba.

Importante: Os trofeos e premios en tódalas categorías e disciplinas se entregarán  exclusivamente na cerimonia de Entrega de Premios programada. En ningún caso serán enviados por mensaxeiro aos premiados unha vez rematada a cerimonia. Por respecto ao resto de gañadores que participan na Ceremonia de Entrega de Premios.

Premios e trofeos 

Probas PRO masculina e feminina:

1.Premios económicos

  • 1º Clasificado/a: 400 Euros
  • 2º Clasificado/a: 200 Euros
  • 3º Clasificado/a: 100 Euros

Aplicaranse as correspondentes retencións.

2. Trofeos  por categorías aos tres primeiros/as nas probas PRO masculina y feminina:

  • Absoluta
  • Veterans
  • GRUPOS DE IDADE

Medallas aos tres primeiros/as de cada grupo nas probas de grupos de idade masculinas e femininas .Os grupos de idade que se establecen son de 5 anos, masculinos e femininos, dacordo a normativa da Federación Española de Triatlón comezando no grupo 18-19.

Deixámoste o acceso á páxina web https://www.desafioislascies.com/triatlon-md-desafioislascies/ 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *