THE WILD FEST NO PARQUE FORESTAL DE SAN MIGUEL DE OIA, EN VIGO

Programación pechada!! A Asociación Cultural The Wild organiza este festival de música, cinema e lecer na natureza, celebrando a súa sexta edición do 30 de agosto ao 1 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia.

The Wild Fest é un dos festivais máis singulares de Galicia. Combina unha ducia de bandas nacionais coa proxección de curtametraxes internacionais de cinema ambiental, obradoiros, actividades, actuacións infantís e Orientaventura, unha gyncana polo parque forestal.  

O cartel musical deste ano está formado por 4 grandes nomes, que serán o prato forte do festival na noite da xornada do sábado 31 de agosto, entre eles Julián Maeso, Dakidarría, Moura e Moonshine Wagon, ademais de sesións vermú e a final do concurso de bandas “Salvaxesons”. Ao longo de tres días tamén se poderá gozar de artesanía e de zona gastro nun entorno natural privilexiado con vistas ás Illas Cíes.

THE WILD FEST

A entrada é gratuíta o venres e o domingo, a excepción do sábado que ten un custo de 25,00€.

Na xornada do venres 30 de agosto o escenario do Parque Forestal de Oia acollerá a final do concurso de bandas emerxentes Salvaxesons na que participan Sanny, LAW, The Kelly Kelly’s, Superglú e The Broke. Neste caso será traballo do xurado decidir a banda gañadora da segunda edición do concurso e outorgar un segundo e tercer premio. O gañador recibirá 1.000 € e tocará de novo o sábado, abrindo as actuacións da xornada forte do festival. O segundo e terceiro recibirán 400 e 200 € respectivamente.

As entradas están dispoñibles na web do festival con prezo reducido de 20,00 € ata o 15 de xullo. A única xornada de pago é a do sábado 31 de agosto, cando se celebrarán os concertos de Julián Maeso, Dakidarría, Moura e Moonshine Wagon, entre outros. Os nenos menores de 14 anos entran de balde todos os días e non precisan reservar a entrada.

Para as persoas que desexen pasar a noite, o festival habilita unha zona de descanso na que acampar por un coste extra de 5,00 € por persona. Como na pasada edición, tamén haberá unha área reservada para furgonetas, cun coste de 10,00 € por vehículo.

Deixámoste o enderezo electrónico e o seu número de teléfono para contactar: prensa@thewildfest.com  I 680 830 093 

Tamén a ligazón á súa páxina web por se precisas de máis información: https://thewildfest.com/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *