Son das Alvedosas’ empapará Arcade de nova música galega o 13 de Xullo
O Peirao de Arcade acollerá o sábado 13 de xullo a primeira edición do festival musical ‘Son das Alvedosas’ como resposta a unha demanda histórica da xuventude de Soutomaior.
O evento organízao o Concello de Soutomaior en colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Irmandiñas de Soutomaior.
O cartel estará integrado por Laura Panicanela, MJ Pérez e Maskarpone. A estas actuacións sumarase unha sesión DJ da man de Meu Carinho e The Game Disco.
Ademáis, están previstas actividades e talleres para o público asistente nun programa cargado de sorpresas.