SAN BIEITO – GONDOMAR 2024

Programación rematada!! Se eres de Gondomar ou arredores xa tes aquí unha das festas máis espectaculares do verán.Non o penses e acude, xa que o desfrute está asegurado.

San Bieito 2024 terá lugar en Gondomar do 10 ao 14 de Xullo cunha ampla programación de actividades relixiosas e culturais.

Programación de San Bieito 2024 en Gondomar

Mércores 10, dará comezo a xornada ás 11.00 horas coa carabana de coches dende Couso. Ás 12.00 horas terá lugar a misa en honor ao Santo. A continuación terá lugar a  bendición dos vehículos ás 13.00 horas.
Pola noite, verbena a cargo da orquestra Kubo e A Banda de Onte.

Xoves 11, ás 11.30 horas sairá o  pasarrúas a cargo da Banda Asociación Musical do Val Miñor. Oficiaranse misas de 7.00 a 13.00 horas e de 17.30 a 21.30 horas que festexaranse cada hora, sendo ás 12.00 horas a misa maior en honor a San Bieito con posterior procesión acompañada pola citada banda, que tamén ofrecerá un concerto.
Pola noite, verbena a cargo da orquestra A Fórmula ás 22.30 horas.

Venres 12, a xornada de festa dará comezo ás 18.00 horas coa puxa das ofrendas.Ás 20.30 horas oficiarase a misa solemne de San Antonio.
Ao anoitecer, Rubén de Lis e a orquestra Pontevedra poñerá música á verbena.

Sábado 13, ás 20.00 horas comezará o certame de bandas coa Agrupación Musical de Vincios e Banda de Música Artística de Arcade. Ás 23.00 horas haberá concerto da Patrulla.

Domingo 14, Neste día fetexarase o Entroido de Verán. Ás 19.00 horas dará comezo a Festa Holi Day Party e xa unha vez entrada a noite haberá festa DJ.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *