Este ano, os festexos arrancarán co pregón do Colexio Hogar, que festexa o seu 75º aniversario. Un centro que forma parte da historia da cidade, e cuxo nome fai referenza ao que buscaba significar para os nenos de familias menos favorecidas.
A festa realízase o mércores 14 de agosto con dous concertos simbólicos. Trátase de Hey Hematoma, que revive a música de “Siniestro Total” e “La Frontera”, con «40 años al límite». Este mesmo espíritu, continúa o xoves cunha sesión vermut a cargo de Nacional 81, que promete revivir «las canciones de tu vida». Seguiranlle Alberto Cunha e Moncho Lemos e Black Stones, con «Grandes cancións dos 60 e 70». O broche de ouro o porá «Bafana Bafana» esa mesma noite.
Durante a fin de semana, as festas de San Roque deleitarán aos veciños e visitantes coa charanga Costamekrelo, as «Cantigas trashumantes» de Miriam Sandoval e unha gran actuación de Treixadura para pechar o venres 16. O sábado 17 contará cunha sesión vermut e comida popular, empanada “furru”. Todo seguido polo show do Mago Jorge Lorenzo, a actuación de The Hendersons nun tributo a The Beatles e Broken Peach.
E o domingo 18 será o, coma sempre, o Día do Neno.
Se queres saber máis sobre esta festa non dubides en visitar a seguinte ligazón co programa completo! https://sanroquevigo.com/es/romeria-san-roque-programa-2024/