O día oficial da Reconquista é o 28 de marzo. Pero este ano a celebración coincide co xoves santo de Semana Santa, polo que o Concello optou por mover a festa e o festivo. Desta maneira, esa xornada non laborable trasladase este ano ao Martes de Carnaval.
Os días grandes da festa da Reconquista de Vigo serán finalmente o venres 5, o sábado 6 e o domingo 7 de abril.
A habitual representación da destitución da corporación afrancesada será o sábado 23 de marzo. Ahí as tropas francesas de Napoleón comenzarán xa a desfilar pola cidade olívica. Haberá actuación musical e ao día seguinte, domingo, tamén haberá actividades.
Na semana seguinte, Semana Santa, manteranse actividades como charlas, exposicions, conferencias, desfiles das tropas napoleónicas polas rúas do Casco Vello.
Mercado máis grande
O gran mercado chegará o fin de semana grande da Reconquista de Vigo. Será maior que en outras ocasións e haberá máis de 200 postos de artesanía e gastronomía que nesta edición chegarán tamén a zonas como Elduayen e o Paseo de Alfonso. Abrirá o venres 5 de abril.
Este ano ademáis os torreiros de música chegarán tamén ao Paseo de Alfonso, Porta do Sol e O Berbés, ademáis de outros 5 que haberá repartidos por toda a zona antiga. Neles actuarán máis de 70 agrupacións musicais durante o fin de semana.
O presidente da Asociación Veciñal Casco Vello,Pepe Fumega, estima que este ano se den cita na Reconquista de Vigo unhas 300000 persoas cun concerto didáctico da man de Xavier Blanco ás 20:00h este luns 1 de abril na Universidade de Vigo. Máis información das actividades desta asociación a tedes no portal de Facebook.
Reconquistiña
Ao longo destas semanas haberá outras actividades centradas na celebración histórica, como o concurso “Retapas” (presentarase o 1 de marzo) ; A Reconquistiña (será o 3 de abril con 1750 nenos e nenas participantes) e o ensaio xeral da expulsión dos franceses, que realizarase o 5 de abril.