PREMIOS ENTROIDO REDONDELA

Se tes pensado disfrazarte este entroido en Redondela, poderás optar a un premio!

Beneficiarios

Serán susceptibles de obter os premios regulados nestas bases as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas e sen ánimo de lucro.

Requisitos

As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no vestiario coma na súa actuación. Poderase excluír a quen non cumpra as condicións mínimas esixidas.

Accións subvencionables

Os premios están destinados a incentivar a participación nas actividades do Entroido, polo que serán subvencionables as actuacións que cumpran cos criterios de orixinalidade, creatividade e participación.

Contía

Destínase un crédito máximo de 10.500,00 €, para os premios ás comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido.

Estes 10.500,00 € distribuiranse segundo os seguintes criterios:

• 300 € ás comparsas que teñan entre 26 e 55 compoñentes 

• 400 € ás comparsas que teñan entre 56 e 80 compoñentes

 • 500 € ás comparsas que teñan máis de 80 compoñentes

Premios xerais de comparsas:

 • 1º premio: 900€

 • 2º premio:  600 € 

 • 3º premio  300 € 

Premios especiais:

 • Premio mocidade de comparsa: 500 €

 • Premio retranca de comparsa: 500 €

 • Premio inclusión á diversidade de comparsa: 500 €

Premios de grupos:

 •  1º premio: 200 €

 •  2º premio: 150 € 

Premios de parellas:

 • 1º premio: 100 € 

 • 2º premio: 80 € 

Premios individuais:

 • 1º premio: 80 € 

 • 2º premio: 50 € 

O Xurado poderá deixar os premios desertos, así como conceder, como máximo, un premio de non máis de 800,00 € a aquela comparsa que polas súas especiais características destaquen na exaltación da Festa do Entroido.

Para a concesión dos premios terase en conta a orixinalidade, creatividade, posta en escena, cohesión e participación activa no desfile.

Para poder optar aos premios é imprescindible que as comparsas acompañen o Entroido nos actos programados para o domingo 2 de marzo de 2025 e que comezará coa concentración das comparsas ás 17:00 horas no Campo da Feira. Sendo ás 18:00 horas o inicio do desfile.

Prazo


O Concurso de grupos, parellas e individual desenvólvese na tarde do martes día 4 de marzo de 2025, a partir das 17:00 horas. Todos os que desexen participar nesta fase do concurso realizarán a súa inscrición o mesmo día a partir das 16:00 horas, no posto instalado nos soportais do Concello.

As comparsas que opten aos premios deben inscribirse no Rexistro Xeral do Concello antes do 20 de febreiro de 2025. 

ENLACE:

PREMIOS ENTROIDO REDONDELA

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co Departamento de Apoio ás Asociacións da Mancomunidade de Vigo, chamando ao teléfono 986 42 33 66 o noso correo: obradoiro.emprego@maiv.org 

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *